Picafollas asubiador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Phylloscopus sibilatrix")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Picafollas asubiador
Exemplar en Inversnaid, Escocia
Exemplar en Inversnaid, Escocia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Phylloscopidae
Xénero: Phylloscopus
Especie: Phylloscopus sibilatrix
(Bechstein, 1793)
Amarelo: Área de reprodución (só en verán) Azul: Visitante invernal non reprodutor Raiado: migración.

Amarelo: Área de reprodución (só en verán)
Azul: Visitante invernal non reprodutor
Raiado: migración.

O picafollas asubiador[2][3] (Phylloscopus sibilatrix) é un paseriforme común e moi espallado pertencente á familia Phylloscopidae (antes era considerado un Sylviidae), que se reproduce no norte e zona temperada de Europa, e no extremo oeste de Asia no sur dos Montes Urais. En Galicia é unha ave de paso rara.[3] O nome do xénero Phylloscopus procede do grego antigo phyllon, 'folla' e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'ollar'). O nome específico sibilatrix procede do latín e significa 'asubiador'.[4]

Esta ave é fortemente migratoria e toda a poboación vai invernar á África tropical.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden

É un paxaro de bosques maduros abertos pero sombreados, como os de faias e carballos, con algúns terreos espallados cubertos para a nidificación. O niño ten forma de cúpula e sitúase a pouca altura nun matorral ou arbusto baixo e nel poñen 6 ou 7 ovos en maio; pode haber unha segunda posta. É insectívoro.

Descrición[editar | editar a fonte]

O picafollas asubiador mide de 11 a 12,5 cm de longo, e parécese a moitos sílvidos, é verde pola parte superior e branco pola inferior cun peito amarelo limón. Pode distinguirse de especies similares, como o picafollas europeo (P. collybita) e o picafollas musical (P. trochilus) polo seu supercilio gorxa e parte superior do peito amarelos, beiras das terciarias claras, unha proxección das primarias máis longa e unha cola máis curta pero máis ancha.

Varios factores asociados coa estrutura do bosque, incluíndo a pendente do terreo, cuberta forestal, proporción dos bosques caducifolios, altura do dosel e lonxitude do bordo do bosque, todos eles inflúen nas taxas de ocupación desta especie forestal en declive. Cómpren medidas de conservación que protexan e manteñan a estrutura forestal preferida por estes picafollas.[5] Teñen tamén unha preferencia polos bosques na estación non reprodutora; porén, ese hábitat está diminuíndo nas zonas de invernada como Ghana. Malia o declive dos hábitats forestais, non parece que cambiase nesas zonas o número de picafollas asubiador porque parece que a especie pode utilizar hábitats degradados, como granxas con bastantes árbores. Porén, unha maior perda de árbores probablemente terá un impacto negativo sobre esta especie no futuro.[6]

Cancións[editar | editar a fonte]

Ten dous tipos de cancións, a miúdo (pero non sempre) cantadas alternativamente; un trilo metálico fluído e agudo que aumenta o seu tempo e soa Phylloscopus sibilatrix.ogg pit-pit-pitpitpitpt-t-t-ttt , que dura 2 ou 3 segundos, e unha serie de 3 a 5 notas piantes descendentes de ton baixo que soa piüü-piüü-piüü. A chamada de contacto é unha nota piante suave, similar ao segundo tipo de canción, pero máis curta e cantada soa, "piü".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Phylloscopus sibilatrix". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 305, 355. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Huber, N.; Kéry, M.; Pasinelli, G. (2017). "Occupancy dynamics of the Wood Warbler Phylloscopus sibilatrix assessed with habitat and remote sensing data". Ibis 159 (3): 623–637. doi:10.1111/ibi.12472. 
  6. Mallord, J.W.; Orsman, C.J.; Roberts, J.T.; Boafo, K.; Skeen, R.Q.; Sheehan, D.K.; Vickery, J.A. (2018). "Apparent resilience of a declining Afro‐Palaearctic migrant to forest loss on the wintering grounds". Ibis 160 (4): 805–815. doi:10.1111/ibi.12572. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]