Imaxe dixital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha imaxe dixital é unha imaxe composta de píxeles, cada un con cantidades finitas e discretas de representación numérica para a súa intensidade ou escala de grises que é unha saída das súas funcións bidimensionais alimentadas como entrada polas súas coordenadas espaciais indicadas con X e Y, no eixe X e no eixe Y, respectivamente.[1] Dependendo de se a resolución de imaxe é fixa, pode ser de tipo vectorial ou rasterizada.

Formatos de ficheiro de imaxe[editar | editar a fonte]

Os formatos de imaxe dixital máis usados son:

  • JPEG (Joint Photographic Experts Group): é o formato máis utilizado e coñecido na actualidade. Case todas as cámaras dan esta opción para gardar as imaxes. Ficheiro moi utilizado en Internet e en multimedia pola súa excelente compresión e por soportar ata 16.777.216 cores diferentes.
  • TIFF (Tagged Image File Format): ficheiro estándar para impresión industrial, tamén moi utilizado como opción en cámaras fotográficas. É un formato de ficheiro que aceptan practicamente todos os programas de imaxe. Foi desenvolvido en 1986 por Aldus e Microsoft nun intento de crear un estándar para as imaxes xeradas por equipos dixitais. TIFF é capaz de almacenar imaxes en cores verdadeiras (24 ou 32 bits).
  • GIF (Graphics Interchange Format): creado para ser utilizado amplamente en Internet. Admite imaxes animadas e 256 cores por fotograma. Substituíuse polo PNG.
  • BMP (Windows Bitmap) Normalmente usados polos programas de Microsoft Windows. Non utiliza ningún algoritmo de compresión, polo que este formato presenta as fotos de maior tamaño.
  • SVG (Scalable Vector Graphics): é un formato vectorial, creado e desenvolvido polo World Wide Web Consortium.
  • PNG (Portable Network Graphics): é un formato libre de datos utilizado para imaxes, que apareceu en 1996 como substituto do formato GIF, debido a que este último inclúe algoritmos patentados. Admite canle alfa, sen limitación de profundidade de cor, alta compresión (axustable). Permite comprimir imaxes sen perder calidade, a diferenza doutros formatos como JPG.
  • PCD (Kodak Photo CD): este é un formato pechado lanzado por Kodak en 1992 como parte dun sistema de dixitalización e almacenamento de imaxes para satisfacer a demanda no inicio da popularización das imaxes dixitais. O produto non alcanzou o éxito suficiente para establecerse no mercado e foi descontinuado por Kodak. O formato, con todo, aínda é lido e aceptado polos principais programas de edición de imaxes.
  • DWG (AutoCAD drawing): ficheiros de texto ASCII utilizados para almacenar datos de programas CAD.
  • RAW (Familia de formatos de arquivo RAW): RAW refírese á familia de formatos de imaxe RAW que proveñen a maioría das cámaras dixitais profesionais. O formato RAW non está nin estandarizado nin documentado e difire dun fabricante a outro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González, Rafael (2018). Digital image processing. Pearson. ISBN 978-0-13-335672-4. OCLC 966609831.