Phoebe Tonkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phoebe Tonkin
Phoebe Tonkin 2012 cropped.jpg
Phoebe Tonkin en novembro de 2012.
Nome completoPhoebe Jane Elizabeth Tonkin
Alcume/outrosPhoebe Tonkin
Nacemento12 de xullo de 1989 (33 anos)
LugarSidney, Australia Australia
NacionalidadeAustralia
Educada enAustralian Theatre for Young People
ProfesiónActriz (2005-actualidade)
Na rede
IMDB: nm2100081 Allocine: 208704 Rottentomatoes: celebrity/phoebe_tonkin Allmovie: p702156 TCM: 12725989 Metacritic: person/phoebe-tonkin TV.com: people/phoebe-tonkin
Facebook: PhoebeTonkin Twitter: 1PhoebeJTonkin Instagram: phoebejtonkin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Phoebe Jane Elizabeth Tonkin, nada o 12 de xullo de 1989, é unha actriz e modelo australiana coñecida por interpretar a Cleo Sertori na serie xuvenil H2O: Just Add Water e por interpretar a Fi na película de acción Tomorrow, When the War Began.

Vida profesional[editar | editar a fonte]

Aos catro anos Phoebe practicou danza clásica, tap, hip hop e danza contemporánea. Estudou na escola para nenas Queenwood School en Balmoral. Cando tiña 12 anos asistiu a bastantes cursos para a mocidade no Aus-tralian Theatre. Participou en obras de teatro entre elas: Shakespeare, Antigone e Venetian Twins.

No 2006 uniuse á serie H2O: Just Add Water. No 2010 interpreta a Fiona Maxwell (Fi) na película Tomorrow, When the War Began. Neste mesmo ano aparece interpretando a Hadrian Hall en sete episodios da serie Home and Away. Outra das series nas que apareceu como invitada este ano foi en Packed to the Rafters en tres capítulos. No 2011 únese a serie "The Secret Circle" no papel de Faye. No 2012 volverá a interpretar a Fiona Maxwell (Fi) na película ''Tomorrow, When the War Began 2''.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]