Philippe Riboud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philippe Riboud
Nome completoPhilippe Claude Riboud
Nacemento9 de abril de 1957
Lugar de nacemento7th arrondissement of Lyon
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónesgrimista
PremiosOficial da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Philippe Riboud, nado en Lión o 9 de abril de 1957, é un tirador de esgrima francés, xa retirado, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou con 19 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, rematando noveno na proba por equipos na modalidade de espada e trinta e sete na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova gañou a medalla de ouro na proba por equipos e a medalla de bronce na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles revalidou a medalla de bronce na proba individual e gañou a medalla de prata por equipos. Finalmente, nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl, onde foi o abandeirado da delegación francesa, gañou a medalla de ouro na proba por equipos e prata na individual.

Ao longo da súa carreira gañou oito medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, tres delas de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]