Phil Mulloy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhil Mulloy
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Wallasey, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Art (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanimador , guionista , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVera Neubauer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLucy Mulloy (pt) Traducir, Daniel Mulloy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0612465 Allocine: 95101 Allmovie: p494113 Editar o valor em Wikidata


Phil Mulloy nado o 29 de agosto de 1948 en Wallasey (Merseyside) [1] é un animador irlandés-inglés.

Biografía e traxectoria[editar | editar a fonte]

Mulloy Naceu en Wallasey, fillo de nai inglesa e pai irlandés, quen migrou a Liverpool coa súa familia para traballar nos peiraos.

Estudou pintura na Universidade de Ravensbourne e despois cine na Royal College of Art graduándose en 1973.[2]Comezou traballando como guionista e director de películas de acción real ata finais da década de 1980 antes de converterse en animador.

As súas animacións foron descritas como "sátiras grotescas". Adoitan retratar o lado escuro da natureza humana e os valores sociais, políticos e relixiosos contemporáneos dun xeito humorístico e ás veces chocante. O seu estilo visual é distintivo no seu uso de figuras primitivas, moitas veces esqueléticas, e con fondos minimalistas. Considerado un hábil parodista, "apostol delirante dunha crueldade digna de Alfred Jarry" para parte da crítica, combinando os debuxos case clichés radiográficos coas historias sorprendentes e complexas, cheas de xiros e achados atroces.[3]

Mulloy realizou máis de 30 películas de animación, moitas das cales están en agrupacións temáticas baseadas en xéneros de Hollywood.

A familia de Mulloy está formada por profesionais do cinema, a súa muller é a cineasta Vera Neubauer, o seu fillo é o director e guionista Daniel Mulloy e a súa filla é a directora Lucy Mulloy, nomeada ao Premio da Academia Student.

Obra (selección)[editar | editar a fonte]

A súa obra dramática Mark Gertler: Fragments of a Biography (1981) obtivo o Sutherland Trophy - Special Mention no ano 1982[4]e gañou o Premio Grierson do British Film Institute por Give up this day en 1983.[5]

Mulloy creou moitas das identidades icónicas da MTV durante as décadas de 1980 e 90. Estes incluíron os tan eloxiados Boxers to Lovers nos que dous boxeadores, representados como burdas figuras de pau, deixan de loitar e se abrazan, só para verse engullidos pola furiosa multitude de espectadores que buscan sangue.

Produciu a serie Cowboys en 1991 co financiamento de Channel Four e do Arts Council. A serie consta de seis películas de 3 minutos de duración sobre 35 mm: Slim Pickin's, That's Nothin', Murder!, High Noon, The Conformist and Outrage. Estas curtas levaron a Mulloy á atención do público no Reino Unido e internacionalmente.[6]

Na súa obra, explota moitos dos tópicos do xénero wester, o minimalismo das paisaxes salvaxes con cactos de Saguaro, personaxes comúns como o vagabundo seminómade que leva un Stetson, cabalos, linchamentos etc. debuxados con pincel e tinta negra nun estilo intencionadamente primitivo e perfilado, para retratrar a violencia, avaricia e rivalidade masculinas cunha absurda comedia negra.[7][8]

Falando do seu enfoque creativo, dixo:

 “O público está familiarizado cos xéneros e cos clichés, e eu aproveito ese feito. Os espectadores pronto descobren a súa posición no esquema habitual das cousas e toman conciencia do seu papel".[9]

A música para as películas correu a cargo de Alexander Bălănescu e Keith Tippett .

Para a serie The Ten Commandments entre 1994 e 1996, fixo dez curtas de 35 mm baseadas en cada un dos dez mandamentos da tradición xudeocristiá: Thou Shalt Not Adore False Gods, Thou Shalt Not Commit Blasphemy, Remember to Keep Holy the Sabbath Day, Honour Thy Father and Thy Mother, Thou Shalt Not Kill, Thou Shalt Not Commit Adultery, Thou Shalt Not Steal, Thou Shalt Not Bear False Witness, Thou Shalt Not Covet Thy Neighbours Goods e Thou Shalt Not Covet Thy Neighbours Wife.[10]

As animacións, creadas con pincel e tinta negra sobre papel branco no estilo grotesco satírico característico de Mulloy, empregan o humor negro en todo momento. Sobre esta serie, comentou en 2006:

"Tiña unha estrutura na que podía traballar e un conxunto de ideas que podía reinterpretar por min mesmo. Do mesmo xeito, reelaborar e xogar coas estruturas narrativas crea formas de reinterpretar elementos relacionados co meu propio pensamento e experiencia do mundo".[9]

The Chain foi producida en 1998 para Channel Four e foi unha das 30 curtametraxes de animación de 30 animadores de renome internacional que participaron no Proxecto de Animación dos Dereitos Humanos '30/30' para destacar os 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.[11] O título desta escura sátira fai referencia á catastrófica reacción en cadea que segue o trato cruel dun neno ao que se tira o debuxo. O filme de 10 minutos de duración en 35 mm gañou o Premio do Xurado no Festival Internacional de Curtametraxes de Vila do Conde (Portugal).[12]

No ano seguinte, 1999, creou Season's Greetings para Animate Projects con financiamento de Channel Four e do Arts Council. A película de tres minutos mestura acción en directo e animación para producir "Unha tarxeta de felicitación para o novo milenio".[13]

En 2006 creou a serie The Christies, para Spectre Films. Consta de doce curtametraxes: Introduction, Family Values, The Language of Love, Tracey's Dream, The House Painter, A Song For Buster, The Confession, Natural Disaster, Mr. Yakamoto, Gary Challenger, Mr. Christie's Sex Manual, e The Day The Earth Moved. Mulloy produciu as películas de animación por ordenador usando o paquete Buahaus Mirage 1.5.[9]

Entre 2011 e 2013 presentou unha triloxía de longrametraxes baseada na familia Christie. Cunha animación ultraminimalista, voces inexpresivas moduladas por ordenador e cun enxeño seco e mordaz para crear algo conmovedor e divertido asemade.[14] A parte 1, Goodbye Mister Christie, completouse en 2011 e foi considerada un fito na súa filmografía, e de feito a súa primeira longametraxe.[15] A parte 2, Dead but not Buried, completouse no verán de 2012. En 2013 publicou Part 3, The Pain and The Pity.[16]

Mulloy ten unha explicación sinxela cando lle preguntan sobre o que hai detrás dos seus grotescos e sardónicos personaxes: "A miña nai deixoume caer de cabeza no chan cando era un neno. Débolle todo a ela. Grazas mai".[9]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1982: Sutherland Trophy - Special Mention por Mark Gertler: Fragments of a Biography.[4]
  • 1983: Premio Grierson do British Film Institute por Give up this day.[5]
  • 1997: Mención de honor por Thou Shalt Not Covet Thy Neighbours Wife, no Festival Internacional de Curtas Vila do Conde[17]
  • 1998 :Mención de honor por The chain, no Festival Internacional de Curtas Vila do Conde.[12]
  • 2006: The Christies gañou o Mercury Filmworks Prize for Animated Feature en Ottawa.
  • 2010: Goodbye Mister Christie, Feature Film Grand Prix at the Ottawa International Animation Festival.
  • 2011: Dead but not Buried, Feature Film Grand Prix at the Ottawa International Animation Festival.
  • 2016: Gran Premio á mellor curta por Endgame, do World Festival of Animated Film - Animafest Zagreb.[18][19]
  • 2022: Goodbye Mister Christie, foi incluída na listaxe das 100 mellores películas de animación de tódolos tempos, segundo a listaxe feita por profesionais da animación de fama mundial.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bendazzi, Giannalberto Bendazzi (6 November 2015). Animation: A World History: Volume III: Contemporary Times. CRC Press. p. 72. ISBN 978-1-317-51988-1. 
  2. "Sunstone Digital Tech Home". sunstonedigitaltech.com. Consultado o 2022-03-30. 
  3. ""Goodbye Mister Christie" : l'univers atroce de Phil Mulloy". Le Monde.fr (en francés). 2012-01-04. Consultado o 2022-03-30. 
  4. 4,0 4,1 "British Film Institute Awards (1982)". IMDb. Consultado o 2022-03-30. 
  5. 5,0 5,1 "The Grierson Trust - Winners". griersontrust.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2022. Consultado o 2022-03-30. 
  6. "Cowboys (C) (1991)" (en castelán). Consultado o 2022-03-30. 
  7. "BFI Screenonline: Cowboys (1991)". www.screenonline.org.uk. Consultado o 2022-03-30. 
  8. "Cowboys. Animación para adultos" (en castelán). Consultado o 2022-03-30. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Animatic Magazine: The dilemma of humanity". animaticmag.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 2022-03-30. 
  10. "Los diez mandamientos (1994)" (en castelán). Consultado o 2022-03-30. 
  11. "Keep it in Motion: Classic Animation Revisited - Phil Mulloy's 'The Chain'". Animation World Network (en inglés). Consultado o 2022-03-30. 
  12. 12,0 12,1 "Awards". festival.curtas.pt. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-30. 
  13. Animate Projects – Season's Greetings Retrieved December 2008
  14. 14,0 14,1 "The 100 best animated films of all time". Time Out Worldwide (en inglés). Consultado o 2022-03-30. 
  15. "'La vida de Calabacín' y otras joyas de la animación europea". Fotogramas (en castelán). 2017-02-23. Consultado o 2022-03-30. 
  16. "The Pain and the Pity". 21 September 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  17. "Awards". festival.curtas.pt (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2022. Consultado o 2022-03-30. 
  18. "ANIMAFEST ZAGREB". World Festival of Animated Film. 
  19. Team, Z. F. (2016-06-13). "Phil Mulloy, The Magic Mountain Win at Animafest Zagreb 2016". Zippy Frames (en inglés). Consultado o 2022-03-30. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]