Petros Miriatean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Petros Miriatean
Arcebispo da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1948 en Alepo (Siria)
Ordes
Ordenación sacerdotal4 de xullo de 1971
Consagración episcopal4 de febreiro de 1990, por Xoán Pedro XVIII Gasparean
Arcebispo de Alepo
1989 - actualidade
PredecesorYovsep Pasmachean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Petros Miriatean (en armenio: Պետրոս Միրիաթեան, "Petros Miriat’ean" (ISO 9985); en árabe: بطرس مراياتى, "Butrus Marayati"), nado o 26 de febreiro de 1948 en Alepo (Siria), é un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Alepo dende 1989.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Alepo, no territorio da arquidiocese homónima, o 26 de febreiro de 1948. O 4 de xullo de 1971 foi ordenado sacerdote diocesano.

O 21 de agosto de 1989 foi nomeado arcebispo de Alepo. Recibiu a consagración episcopal o 4 de febreiro de 1990 de mans do patriarca Xoán Pedro XVIII Gasparean.