Peter Wyon
- Para outros membros desta familia de medallistas ingleses, véxase a páxina de homónimos Wyon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1767 ![]() |
Morte | 28 de marzo de 1822 ![]() Birmingham, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gravador, medallista ![]() |
Familia | |
Fillos | William Wyon ![]() |
Pai | George Wyon ![]() |
Peter Wyon, nado en 1767 e finado en Birmingham en 1822, foi un deseñador de moeda, gravador de cuños e medallista inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Peter Wyon pertencía a unha familia orixinaria de Colonia, e instalada en Birmingham, cunha longa tradición de gravadores de cuños iniciada polo seu avó.[1] O seu pai era George Wyon (finado en 1795), un gravador de cuños e prateiro que traballara para Matthew Boulton desde 1775.[2][3]
Peter herdou as habelencias do seu pai como gravador, xunto co seu irmán máis vello, Thomas, e ambos tiveron negocios xuntos durante un tempo curto en 1796. Cando o seu irmán decidiu marchar a Londres en 1800, Peter decidiu permanecer en Birmingham traballando con Boulton na súa factoría de Soho.[3][4]
Peter Wyon casou con E. Avery, irmá da esposa do seu irmán Thomas. O seu fillo, William Wyon, continuou a estirpe de medallistas e chegou a ser gravador xefe da Royal Mint, de Londres.[3][4]
Peter Wyon formou parte da Royal Birmingham Society of Artists.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Flynn, B. (2014). RBSA: A Place for Art: The story of the Royal Birmingham Society of Artists. Birmingham. Páxinas 52, 24. ISBN 978-0993029400
- ↑ "Wyon, George (III)". En Forrer, L. (1916). Páxina 587.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Forrer, L. (1916).
- ↑ 4,0 4,1 Carlisle, N. (1837). Páxinas 33, 36.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1916). "Wyon, Peter (Brit.)". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 632-634.
- Carlisle, N. (1837). A memoir of the life and works of William Wyon. Londres.
- Linecar, H. W. A. (1977). British Coin Designs and Designers. Londres. G. Bell & Sons Ltd. ISBN 978-0-7135-1931-0