Peter Robert Last

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Robert Last
NacementoSéculo XX
Nacionalidadeaustraliana
Alma máterUniversidade de Tasmania
Ocupaciónictiólogo
CargosInvestigador do CSIRO Oceans and Atmosphere de Australia
PremiosPremio K. Radway Allen (2009)
editar datos en Wikidata ]

Peter Robert Last é un ictiólogo australiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse como doutor na Universidade de Tasmania en 1983, coa tese de doutoramento Aspects of the ecology and zoogeography of fishes from soft-fondum habitats of the Tasmanian shore zone.[1]

É conservador da Colección Nacional de Peixes de Australia e científico investigador principal do CSIRO Marine and Atmospheric Research (CMAR) en Hobart, Tasmania.[2]

É un experto en elasmobranquios e describiu moitas novas especies de tiburóns.[3]

É o coautor de Sharks and Rays of Australia,[4] e de A revision of the Australian handfishes (Lophiiformes: Brachionichthyidae), con descricións de tres novos xéneros e nove novas especies.[5]

En 2009, a Sociedade Australiana de Bioloxía dos Peixes concedeu a Last a súa máxima honra, o premio K. Radway Allen.[6]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Last emprégase para recoñecer a Peter Robert Last como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Last, Peter R. (Peter Robert) (1983): "Aspects of the ecology and zoogeography of fishes from soft-bottom habitats of the Tasmanian shore zone". University of Tasmania. Consultada o 6 de abril de 2022.
  2. "Peter R. Last". Harvard University Press. Arquivado desde o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 6 de abril de 2022.
  3. Ward, Robert D.; Holmes, Bronwyn H.; White, William T. & Last, Peter R. (2008): "DNA barcoding Australasian chondrichthyans: results and potential uses in conservation". Marine and Freshwater Research 59 (1): 57–71.
  4. Last, Peter R. & Stevens, John D. (2009): Sharks and Rays of Australia. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 978-0-6740-3411-2.
  5. Last, Peter R. & Gledhill, Daniel C. (2009): A revision of the Australian handfishes (Lophiiformes: Brachionichthyidae), with descriptions of three new genera and nine new species (PDF). (Zootaxa 2252). Auckland, New Zealand: Magnolia Press. ISBN 978-1-8697-7425-7.
  6. K. Radway Allen Award. Consultado o 6 de abril de 2022.