Peter Phillips

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peter Phillips
Princess Anne and Peter Phillips.jpg
Phillips coa súa nai, Ana, Princesa Real.

Nome completoPeter Mark Andrew Phillips
Nacemento15 de novembro de 1977
Hospital St Mary, Londres, Inglaterra Inglaterra
Cónxuxe/sAutumn Patricia Kelly (matr. 2008)
Descendencia
Casa realCasa de Windsor
ProxenitoresMark Anthony Phillips
Ana, Princesa Real

Escudo de Peter Phillips

Peter Mark Andrew Phillips (nado o 15 de novembro de 1977), é o primeiro fillo e único varón de Ana, Princesa Real e do seu primeiro esposo, Mark Phillips. É décimo cuarto na liña de sucesión ao trono.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o neto máis vello da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. Phillips non goza dun título ou estilo real por decisión dos seus país. A súa irmá menor, Zara Phillips tampouco goza destes. Despois de graduarse na universidade no ano 2000, traballou para Jaguar Racing, seguido por Williams F1. Phillips ten un baixo perfil público, con ningún servizo ou deber real. Actualmente traballa no banco de Escocia.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Mentres traballaba para Williams F1 en Canadá no 2003, coñeceu a Autumn Patricia Kelly, coa que casou na Capela de San Xurxo no 2008.

Viven xuntos en Gatcombe Park, Glocestershire coas súas fillas: