Isla Phillips

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isla Phillips

Nome completoIsla Elizabeth Phillips
Nacemento29 de marzo de 2012
Gloucester, Inglaterra Inglaterra
Casa realCasa de Windsor
ProxenitoresPeter Phillips
Autumn Patricia Kelly

Isla Elizabeth Phillips (Gloucester, Inglaterra, 29 de marzo de 2012) é a segunda filla de Peter Phillips, neto maior da raíña de Inglaterra, e Autumn Patricia Kelly. Encóntrase na liña de sucesión ao Trono Británico, ocupando o 16º lugar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no hospital de Gloucestershire en Inglaterra. É a segunda bisneta da raíña Isabel II do Reino Unido e do seu marido o duque Filipe de Edimburgo, e a segunda neta de Ana, Princesa Real e o seu ex-marido Mark Phillips. Non ten título real. Foi bautizada o 23 de agosto de 2012.