Peter MacKay
Peter Gordon MacKay, nado en Nova Glasgow (Nova Escocia) o 27 de setembro de 1965, é un político canadense. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 2006 e 2007, Ministro de Defensa entre 2007 e 2013, foi, entre o 15 de xullo de 2013 e o 2 de agosto de 2015, Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Peter MacKay é licenciado en dereito e en 1991 foi chamado para a avogacía de Nova Escocia. Exerceu como avogado pero tamén como maxistrado en diversas xurisdicións.
Foi elixido por primeira vez para a Cámara dos Comúns do Canadá en xuño de 1997, con respecto á circunscrición de Pictou-Antigonish-Guysborough, baixo as cores do Partido Conservador Progresista do Canadá. Foi reelixido en novembro de 2000.
O 31 de maio de 2003, sucedeu ao ex primeiro ministro Joe Clark como líder do Partido Progresista Conservador. En agosto de 2003 publicouse unha enquisa de Ipsos-Reid, que indicaba que o apoio ao partido caería, en tres meses, desde o 19% ao 12% na opinión pública canadense.
Foi o último líder do Partido Conservador Progresista do Canadá (PC). En decembro de 2003 apoiou a fusión do partido coa Alianza Canadense para formar o novo Partido Conservador do Canadá.
Foi reelixido nas eleccións federais canadenses de 2006. O 6 de febreiro de 2006, xurou no despacho do primeiro ministro Stephen Harper o cargo como Ministro de Asuntos Exteriores. Despois converteuse en Ministro de Defensa Nacional e Ministro responsable da Axencia de Oportunidades do Canadá Atlántico. Durante a remodelación do gabinete en xullo de 2013, Peter MacKay convértese en Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.
O 15 de xaneiro, MacKay anunciou a súa candidatura para a carreira de liderado conservador de 2020 e foi derrotado por Erin O'Toole na terceira votación para o liderado, tras o que se retirou da política activa.
Críticas
[editar | editar a fonte]Foi criticado por cometer un erro ao falar das provincias que comparten fronteira con California en 2011 durante un discurso tras a aparición de Arnold Schwarzenegger en Winnipeg.[1]
Peter MacKay tamén foi criticado polo seu mal dominio da lingua francesa, a segunda lingua do Canadá e a principal no Quebec[2][3].
Comisións da Cámara dos Comúns
[editar | editar a fonte]Na Cámara dos Comúns do Canadá, Peter MacKay foi membro:
- durante a 36 lexislatura (1997-2002), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos e diversas subcomisións,
- durante o 38 Parlamento (2002-2004), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos (rebautizada, durante o 3 Sesión, Comisión Permanente de Xustiza, Dereitos Humanos, Seguridade Pública e Preparación ás Emerxencias), e diversas subcomisións,
- durante a 38 lexislatura (desde 2004), dúas subcomisións.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
No seu xuramento en 2006
-
Peter MacKay e Condoleezza Rice, en abril de 2006
-
En Brasil, xunto ao seu homólogo brasileiro Celso Amorim
-
No Brasil
-
MacKay con Condoleezza Rice e Patricia Espinosa, en xullo de 2007
-
Conferencia de Seguridade en Múnic
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación con Condoleezza Rice; a Secretaria de Estado negou o romance pero afirmou que el fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que planeaba deixar.[4]
O 4 de xaneiro de 2012, casou coa activista e cantante Nazanin Afshin-Jam, sendo daquela Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá,[5] nunha cerimonia privada en México.[6] A parella ten dous fillos varóns, un chamado Kian, nado en 2013 e outro Caledon, nado en 2018 e unha filla chamada Valentia, nada en 2015.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arnold Schwarzenegger & Defence Minister Peter MacKay". Consultado o 2022-05-03.
- ↑ "Au-Canada-un-debat-tres-politique-sur-les-langues".
- ↑ Statistique Canada (Modelo:S.d.). "Population selon les langues maternelles déclarées, Canada, 2006 et 2011". Consultado o 26 de setembro de 2013..
- ↑ "Condoleezza Rice Opens Up About MacKay Romance Rumours". HuffPost (en inglés). 2011-12-13. Consultado o 2022-05-03.
- ↑ "Honourable Peter Gordon Mackay". pm.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 5 de maio de 2014.
- ↑ "Mackay-marriage". Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ "Defence-minister-peter-mackay-announces-birth-of-son-kian-alexander". 1 de abril de 2013. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ "peter-mackay-and-nazanin-afshin-jam-announce-birth-of-baby-girl-valentia". Consultado o 12 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter MacKay |
- (en inglés) Páxina oficial de Peter MacKay Arquivado 10 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
- Recensión biográfica — Sitio web do Partido Conservador
- Experiencia en política federal — Biblioteca do Parlamento
- Nota biográfica Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. — Páxina web do Departamento de Xustiza