Condoleezza Rice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCondoleezza Rice

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Birmingham, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
66ª Secretario de Estado dos Estados Unidos
26 de xaneiro de 2005 – 20 de xaneiro de 2009
← Colin PowellWilliam Joseph Burns (pt) Traducir →
Conselheiro de Segurança Nacional dos Estados Unidos (pt) Traducir
20 de xaneiro de 2001 – 26 de xaneiro de 2005
← Sandy BergerStephen Hadley (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Denver (pt) Traducir
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir
Josef Korbel School of International Studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia política, política e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Stanford Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , pedagoga , profesora universitaria , pianista , autobiógrafa , politicóloga , diplomática , escritora , académica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa, lingua rusa, lingua francesa, lingua castelá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webprofiles.stanford.edu… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1110666 Facebook: condoleezzarice Twitter: CondoleezzaRice Instagram: condoleezzarice Discogs: 1639150 WikiTree: Rice-10913 Editar o valor em Wikidata


Condoleezza Rice, nada en Birmingham (Alabama) o 14 de novembro de 1954, é unha política republicana estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Condoleeza naceu no Holy Family Community Hospital de Birmingham, Alabama. É filla única de John W. Rice. Jr e Angelena Ray, profesora de secundaria. Estudou na St. Mary's Academy, licenciada en artes na Universidade de Denver e doutora en Filosofía na mesma universidade en Denver.[1]

Comezos na política[editar | editar a fonte]

Rice foi demócrata até 1982. Despois cambiou a republicana porque non estaba de acordo coa política exterior do presidente demócrata Jimmy Carter, e tamén por influencia do seu pai, que era republicano.

Carreira[editar | editar a fonte]

Foi a 66ª Secretaría de Estado dos Estados Unidos e a segunda secretaria de Estado do ex presidente George W. Bush. Ela tomou o relevo de Colin Powell o 26 de xaneiro de 2005, despois de que este renunciase. Rice foi a primeira muller afroamericana, a segunda afroamericana (despois de Powell) e a segunda muller (despois de Madeleine Albright) en servir como secretaria de Estado.

Antes de converterse en secretaria de Estado, Condoleezza Rice foi a asesora de Seguridade Nacional de Bush durante o seu primeiro mandato (20012005), exercendo o cargo durante os ataques do 11 de setembro. Antes de diso, foi profesora de ciencias políticas na Universidade Stanford de 1993 a 1999, onde tamén foi reitora.

Relacións internacionais[editar | editar a fonte]

Rice reunida co ministro S. Lavrov.

Rice foi Secretaria de Estado na década seguinte ao final da guerra fría. Tiña visitado a URSS en 1979[2]. Aínda que deslizou certas críticas ao réxime de Vladimir Putin, en xeral mantivo boas relacións coa Federación Rusa, de quen dixo que colaboraron na chamada "guerra contra o terrorismo" e nas relacións con Oriente Medio, cando o Ministro de Exteriores Sergey Lavrov asegurou que non se oporían á resolución sobre Irán.[3] Rice criticou máis tarde a intervención rusa en Osetia do Sur.

Críticas á súa xestión[editar | editar a fonte]

Condoleezza Rice saúda a William Lehigh. Durante o discurso, Rice foi interrompida repetidamente polos opositores á "guerra contra o terror". Boston College. 22 de maio de 2005.

As actividades de Condoleezza Rice na Administración de George W. Bush foron sometidas a unha dura crítica tanto nos EEUU como no estranxeiro[4].

Sobre a guerra de Iraq[editar | editar a fonte]

A senadora demócrata de California Barbara Boxer criticou a Rice en relación coa guerra de Iraq: "Persoalmente, creo -esta é a miña visión- que a súa lealdade a esta operación, a xustificación desta guerra, superou o seu respecto pola verdade." [5].

Na Universidade[editar | editar a fonte]

Insatisfeitos coas súas políticas tentaron impedir que Rice falase en público en institucións educativas, como a Universidade de Princeton[6] e o Boston College[7], cuxa administración suxeriu que Rice dimitise como profesora asociada.

Sobre o Katrina[editar | editar a fonte]

Durante o paso do furacán Katrina e o agravamento da situación en Nova Orleáns, rumoreuse que Rice asistiu a unha representación en Broadway[8]. No documental do cineasta afroamericano Spike Lee When the Dams Collapsed, Michael Eric Dyson criticouna: "Ao mesmo tempo que a xente afogaba, ela camiñaba pola Madison Avenue, comprando zapatos Ferragamo. Despois foi ver Spamalot!"[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación co ministro canadense Peter MacKay; Rice negou o romance pero afirmou que fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que ela planeaba deixar.[10]

Tamén foi vinculada polos medios ou a opinión pública cos ministros de Relacións Exteriores italiano (Massimo D'Alema) e británico (Jack Straw)[11] e segundo ela suxeriu despois do asasinato de Muamar al-Qadafi, o líder libio tiña unha "obsesión arrepiante" con Rice, a quen lle fixo un álbum de fotos e un vídeo dos seus encontros con Vladimir Putin e Hu Jintao, e a quen chamaba "flor negra na Casa Branca" e "princesa africana".[10]

Participación audiovisual[editar | editar a fonte]

Rice participou no documental de 2011 Miss Representation ririxido e producido por Jennifer Siebel Newsom. A película explora como os medios principais contribúen á sub-representación das mulleres en posicións influentes ao facer circular retratos limitados e, a miúdo, despectivos delas.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bumiller, Elisabeth (2007-12-11). Condoleezza Rice: An American Life: A Biography (en inglés). Random House Publishing Group. ISBN 978-1-58836-679-5. 
  2. "Foreign Russia". .rian.ru/world. 
  3. Linzer, Dafna (2006-01-12). "Russia Won't Block U.S. on Iran" (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2022-05-03. 
  4. "BBC -Liverpool - Features". www.bbc.co.uk. Consultado o 2022-05-03. 
  5. The Washington Post, 22 de xaneiro de 2005
  6. Michael Juel-Larsen com/archives/2005/09/30/news/13275.shtml [Estudantes e membros da comunidade protestan pola visita de Rice] (en inglés). Daily Princetonian, 30 de setembro de 2005
  7. Steve Almond editorial_opinion /oped/articles/2006/05/12/condoleezza_rice_at_boston_college_i_quit/ Condoleezza Rice no Boston College? Saín Arquivado 07 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. The Boston Globe, 12 de maio de 2006
  8. Jo Piazza e Chris Rovzar. [1]. New York Daily News 1 de setembro de 2005
  9. "Michael-Eric-Dyson-Spikes-Malcolm". www.coursehero.com. Consultado o 2022-05-03. 
  10. 10,0 10,1 "Condoleezza Rice Opens Up About MacKay Romance Rumours". HuffPost (en inglés). 2011-12-13. Consultado o 2022-05-03. 
  11. Cooper, Helene (2006-09-13). "Dance of Diplomacy Is Grist for the Gossip Mill". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-05-03. 
  12. Miss Representation (2011) na IMDb (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]