Pepe Carballude
Aparencia
(Redirección desde «Pepe Carballude Blanco»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballude.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1956 (68 anos) Rubín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Xénero artístico | Literatura infantil e xuvenil |
Obra | |
Obras destacables
| |
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
Obra
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O xílgaro pintor, 1987, Galaxia (narrativa infantil).
- Os gazafellos, 1987, S. M. (narrativa infantil).
- Andainas de Pedro Chosco, 1989, S. M. (narrativa infantil).
- O talismán dos druídas, 1989, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Investigación 091, 1989, S. M. (novela xuvenil). Foi traducida ao catalán.[1]
- Os enredos de Olalla, 1990 (narrativa infantil).
- O deus desaparecido, 1991, S. M. (narrativa).
- A fraga misteriosa, 1992, S. M. (narrativa xuvenil).
- A historia do home-can, 1993 S. M. - Everest (narrativa infantil).
- S.O.S., 1994, Galaxia (novela xuvenil).
- Romaxe de desventuras, 1997, Edebé-Rodeira (narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán.[2]
- ¡Maldito D.N.I.!, 1998, Xerais (novela xuvenil).
- Andrea quere ser maior, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
- Os enredos de Olalla, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
- Mimos e máis mimos, 1999, Galaxia (narrativa infantil).
- Paisaxe con fondo gris, 2001, Galaxia (novela xuvenil).
- De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino, 2002 (narrativa infantil).
- Os Gazafellos, 2006, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Miña avoa ten 13 anos, 2006, Tambre (narrativa infantil).
- Xograres dun tempo novo, 2009, Everest Galicia (narrativa xuvenil).
- Marxinados, 2014, Galaxia (narrativa xuvenil).
- A vida diaria dos romanos (2021). Xerais, col. Seica. Ilustracións de Jorge Campos Sánchez. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-859-3. ePub: ISBN 978-84-9121-855-5.
- In memoriam (2021). Vigo: Xerais, col. Fóra de Xogo. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-904-0. ePub: ISBN 978-84-9121-924-8.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Fábulas de Fedro, 1988, Clásicos en Galego, Editorial Galaxia e Xunta de Galicia. Con Rosa García Vilariño e Xosé María Liñeira.
- Sobre a vellez; Sobre a amizade de Cicerón, 1995, Clásicos en Galego, Editorial Galaxia e Xunta de Galicia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 8 contos, 1989, Xunta de Galicia.
- Lerias, 1991, Xunta de Galicia.[3]
- Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia.
- Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Barco de Vapor de literatura en galego en 1990, por O deus desaparecido, con Andrés García Vilariño
- VII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1997), no Concello da Estrada.
- Premio Barco de Vapor de literatura en galego no 2002, por De como o Santo dos Croques se fai peregrino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Investigació 091". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ "Romería de desventuras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
- ↑ Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pepe Carballude na Biblioteca Virtual Galega.
- Páxina do autor en Xerais.
- Páxina do autor na Editorial Galaxia. Arquivado 11 de maio de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 21 de marzo de 2014 en Wayback Machine.