Penouqueira Sociedade Recreativa Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penouqueira SRD
NomePenouqueira Sociedade Recreativa Deportiva
Fundación1935
EstadioPonte dos Brozos,
Arteixo, Galicia
Capacidade2.000
PresidenteGalicia Pablo Mosquera Naya

O Penouqueira Sociedade Recreativa Deportiva é un club de fútbol galego, creado na Baiuca, Arteixo, en 1934, aínda que non se fundou oficialmente ata 1954.

As súas cores son o negro e o vermello.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creado na Baiuca en 1934,[1] trala desaparición da Sociedade de Recreo e Expansión “El Alba”, entidade que contaba con dous equipos de fútbol. Disputou o seu primeiro partido contra o Sporting Pastoriza,[2] e continuou xogando partidos amigables durante dúas décadas, ata que en 1954 un dos seus antigos xogadores, Arsenio Iglesias, que por entón militaba xa no Deportivo da Coruña, decidiu xunto con Enrique Iglesias Rey “Cuesta”, Manuel Orgeira Dopico e Pablo Diego Mosquera Calvete, darlle oficialidade á entidade. Deste xeito, o 23 de maio constituíuse oficialmente o Penouqueira, sendo Enrique Iglesias o seu primeiro presidente.[3]

Un dos partidos máis destacados daqueles primeiros anos foi o que enfrontou ao Penouqueira, reforzado con Arsenio, contra un Fabril reforzado polo internacional coruñés Luis Suárez, encontro que rematou con vitoria para o equipo da Coruña por 2-5.[4]

O Penouqueira comezou a competir oficialmente en 1962, xogando na Segunda Rexional,[5] e na tempada 1965/66 proclamouse campión despois dunha destacada campaña, que incluíu unha goleada por 6-0 contra o seu máximo rival, o Atlético Arteixo.[3] Continuou competindo durante as seguintes dúas décadas, creando tamén equipos de categorías inferiores, ata que o primeiro equipo deixou de competir ao remate da tempada 1987/88, xogando o seu último encontro fronte ao Tordoia, correspondente á Segunda Rexional.[3][6] Pasou entón a ter só equipos de categorías inferiores e veteranos, e máis tarde só veteranos, única categoría que mantén na actualidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nuevo equipo". El Ideal Gallego (en castelán) (4220). 24 de marzo de 1934. p. 5. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  2. "El Pastoriza, a Arteijo". El Ideal Gallego (en castelán) (4225). 31 de marzo de 1934. p. 5. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Maceiras, Xabier (19 de xaneiro de 2018). "Historia do Penouqueira". Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  4. "El Fabril venció al Penouqueira en Arteijo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 1958. p. 5. 
  5. "SEGUNDA REGIONAL CORUÑESA (MARIÑAS, GRUPO 2) 1961-62". arquero-arba.futbolme.net (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  6. "SEGUNDA REGIONAL GALLEGA (GRUPO 1) 1987-88". arquero-arba.futbolme.net (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]