Pedro Osores de Ulloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Osores de Ulloa
Alava Osores y De la Cerda.jpg
Os gobernadores Francisco de Álava y Nureña, Pedro Osores de Ulloa e Cristóbal de la Cerda, segundo a obra de Ovalle
Nacemento1554
 Galicia
Falecemento18 de setembro de 1624
 Concepción, Chile
NacionalidadeGalicia
Ocupaciónpolítico e militar
editar datos en Wikidata ]

Pedro Osores de Ulloa ás veces escrito como Osorez, nado en San Juan de Sa[1] (Galicia) cara a 1540 e finado en Concepción (Chile) o18 de setembro de 1624, foi un militar e administrador galego que, sendo xa octoxenario, desempeñou o cargo de gobernador e presidente da Real Audiencia de Chile entre novembro de 1621 e setembro de 1624. En canto á guerra de Arauco, opúxose á estratexia denominada guerra defensiva, preconizada polas xesuítas e sobre todo o pai Luis de Valdivia. O seu goberno marcou o fin definitivo de dita política.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diccionario biográfico colonial de Chile.

Osores levara a vida azarosa dun militar do seu século. Pelexou na batalla de Lepanto en 1571, atopándose a bordo da galera San Francisco de España, a primeira en romper os lumes. Tras outras accións desa guerra, permaneceu 18 meses prisioneiro en Alxer.

En 1586, enfermou gravemente en Cádiz, para despois pasar a América co cargo de correxedor da rica cidade arxentinífera de Potosí (1587), onde foi acusado de ostentar un carácter arbitrario, mentres que doutra banda atribúeselle o dirixir a salvación de 400 indíxenas atrapados nunha mina.

Por mor das incursións de Cordes e Noort, levantou bandeira de enganche e participou nas infrutuosas manobras en persecución dos holandeses, polo que foi promovido a mestre de campo. A estas alturas Osores era rico e propietario de facendas, viñas e enxeños mineiros en Potosí.

Foi promovido a gobernador de Huancavelica (1620), provincia de especial importancia entón polas súas minas de mercurio, requirido na extracción do ouro.

A pesar da súa riqueza persoal e a ser membro destacado da sociedade do vicerreinado e integrante da orde de Calatrava, téñense antecedentes de que, en xeral, non foi visto con bos ollos polos diversos vicerreis, que lle atribuían dificultades de carácter.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Cristobal de la Cerda y Sotomayor
interino
1620-1621
 Gobernador de Chile 
1621 - 1624
Sucesor:
Francisco de Alava y Nureña
1624-1625

.