Pedro Cuesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Cuesta
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata

Pedro Cuesta García, nado en Ribadeo o 23 de marzo de 1945 é un ex-piragüista galego. Disputou os Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Ribadeo comezou a practicar piragüismo en Lugo, no Club Fluvial.[1] Foi varias veces campión de España en K2, gañou o Descenso Internacional do Sella en 1967, xunto ao madrileño José Perurena,[2] e varias veces o Descenso Internacional do Miño.

Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, na proba de K4 1000 metros, formando equipo co lucense Ángel Villar "Chilares", o sevillano Gerardo López e Perurena, pero non conseguiron meterse nas semifinais.[3]

Trala súa retirada da competición, foi adestrador, presidente do Club Náutico Adunado, presidente da Escola de Piragüismo de Lugo e construtor de piraguas.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nueve gallegos en la Olimpiada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1968. p. 16. 
  2. "Palmarés do Descenso Internacional do Sella". descensodelsella.com (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  3. "Resultados Cidade de México 1968" (PDF). la84foundation.org (en inglés). pp. 203–204. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  4. "Descenso del Miño en piragua, en junio". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 25 de maio de 1985. p. 23. 
  5. "El Simposio Internacional de Piragüismo llega hoy a su final con una fiesta". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de decembro de 1994. p. 39. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]