Pazo de Mariñas
| Pazo de Mariñas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fonsá | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Pazo de Mariñas é unha casa grande localizada no lugar de Fonsá (Aiazo, Frades). Na actualidade o seu uso está destinado a vivenda privada.
Características
[editar | editar a fonte]Ocupa un predio de aproximadamente 10.000 m², na que amais do pazo hai varios alpendres, dous hórreos e unha vivenda complementaria ao mesmo, se ben en séculos anteriores, a familia Mariñas posuía gran parte das terras do val do río Tambre.
De acordo con escrituras atopadas durante a restauración e remodelación que se levaron a cabo a finais do século pasado, a súa construción remóntase a comezos do século XVI. Orixinalmente o pazo constituíase dunha soa nave con muros de cachotería á cal se lle engadiron edificios complementarios até o século XVIII. A día de hoxe integráronse parte deses edificios complementarios na vivenda principal que ocupa o pazo. O seu nome deriva dunha adiñeirada liñaxe familiar que recibiu durante séculos o apelido Mariñas, moi coñecidos na contorna e posuidores de varias terras, tal e como testemuña o seu escudo de armas. En orixe, un camiño de carros emprazado sobre a rocha nai, daba acceso aos terreos do Pazo de Mariñas pola súa parte norte, onde o pazo se integraba na propia rocha, erixíndose sobre o val do Tambre e abríndose cara ao sur, quedando completamente protexido do norte. Esa localización estratéxica testemuña a antigüidade do pazo, que de acordo co Catálogo Arqueolóxico do PXOU de Frades[1], podería relacionarse con asentamentos anteriores no lugar no que se atopaba o Castro de Aiazo.