Pavón
Pavón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Pavo cristatus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Distribución nativa do pavón
|
O pavón[2] (Pavo cristatus) é unha das dúas especies de aves pertencentes ao xénero Pavo, que dende tempos antigos destacou entre os animais admirados polo ser humano por mor do extraordinario abano policromado que constitúe a cola dos machos.
Trátase dunha especie cun dimorfismo sexual moi acentuado que vive arredor dos 15 anos, aínda que se coñecen casos de exemplares que viviron en catividade máis de 20 anos. Trátase dun animal omnívoro, cuxa alimentación está composta principalmente por sementes, froitas, bagas, plantas, verduras, insectos, ras e pequenos réptiles.
Mitoloxía[editar | editar a fonte]
Segundo a mitoloxía grega, o pavón era o animal consagrado e representativo de Hera, a esposa de Zeus. O mito conta que Zeus seduciu á mortal Ío e, para que non o descubrise Hera, converteuna nunha vaca branca. Pero Hera soubo do conto e pediulle a vaca a Zeus, poñéndoa baixo a vixilancia de Argos, un xigante coñecido como Argos Panoptes por ter ollos por todo o corpo [3]. Zeus mandoulle a Hermes que lle roubase a vaca pero, como non puido facelo en segredo, matou a Argos, uns din que dunha pedrada e outros que o degolou. Hera, agradecida a Argos polo seu sacrificio, tomou os seus ollos e colocounos na cola do pavón, dándolle o aspecto que ten hoxe [4].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2009). "Pavo cristatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2009.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2010-02-15.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pavón.
- ↑ Os diferentes autores dan números diferentes: un só ollo, catro ollos (dous mirando cara adiante e outros dous mirando cara atrás), ata mil ojos.
- ↑ PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro II, 1, 3.