Paula Cheshire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paula García Vázquez 6 de abril de 1993 (31 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde (EASD) |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora , artista de banda deseñada |
Lingua | Lingua castelá, lingua inglesa e lingua galega |
Páxina web | paulacheshire.com |
Paula García Vázquez, coñecida como Paula Cheshire,[1] nada en Pontevedra en 1993, é unha autora de banda deseñada e ilustradora galega.[2]
Traxectoria
Estudou Deseño Gráfico na EASD Antonio Faílde de Ourense.
É autora de fanzines como “Me das ansiedad” e participou en “¡Zuzumba!” e “Baila Conmigo”. Moi activa nas redes sociais.[3]
Participou no Salón do Cómic de Zaragoza ou do Japan Weekend de Bilbao, no Viñetas desde o Atlántico da Coruña e no 2024 estará no Madrid Cómic Pop Up e no Salón do Cómic de Getxo (Biscaia).[4]
Obra
Novela gráfica
- El duelo (2022). Fandogamia Editorial, C.B. 112 páxs. ISBN 978-84-18419-69-0. Unha visións dos sentimentos tras a perda da nai.[5]
- Me das ansiedad (2023). Fandogamia Editorial, C.B. 120 páxs. ISBN 978-84-18419-87-4.
Obras colectivas
- Miquits (2022). Allariz: Antela Ed. Con Xavier Domínguez e Alba de Evan. 56 páxs. ISBN 978-84-125452-0-3.
Ilustradora
- Un tesoro para Martín (2019). De Ana Riveiro Mouzo e Lucía Riveiro Mouzo. Ed. Ana Riveiro. 22 páxs. ISBN 978-84-09-10600-4.
Premios
- Premio Antifaz a Autora revelacións por El Duelo.[6]
Notas
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-07-06.
- ↑ "Paula Cheshire". Do Gris Ao Violeta. Consultado o 2023-07-06.
- ↑ "PAULA CHESHIRE". Grafito Editorial (en castelán). Consultado o 2023-07-06.
- ↑ "RADIO.- A pontevedresa Paula Cheshire, Premio Antifaz á Autora Revelación, ilusionada coa presentación "en casa" do seu último título". Pontevedra Viva. 2023-07-06. Consultado o 2023-07-06.
- ↑ "Paula Cheshire". www.saloncomiczaragoza.com (en castelán). Consultado o 2023-07-06.
- ↑ López, Raquel (2023-05-11). ""El duelo", premio Antifaz". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-07-06.