Patrick Godfrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrick Gdofrey
Nome completo Patrick Lindesay Archibald Godfrey
Nacemento 13 de febreiro de 1933 (84 anos)
Lugar Finsbury, Londres, Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade Reino Unido
Cónxuxe(s) Amanda Walker (dende 1960- actualmente)
Fillos Kate Godfrey e outro fillo máis
Profesión Actor

Patrick Godfrey nado o 13 de febreiro de 1933 é un actor británico de cine, televisión e teatro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Lois Mary Gladys (Turner de solteira) e Frederick Godfrey, que era reverendo. Está casado coa tamén actriz Amanda Walker dende o 20 de abril de 1960 e teñen dous fillos.

Godfrey e maila súa muller forman parte da xunta asesora da escola de teatro británico Cygnet Training Theatre, que se sitúa en Exeter, Devon.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa andaina cinematográfica en 1972 con Miss Julie e apareceu en varios filmes británicos da década dos oitenta, noventa e dous mil, incluíndo A Room with a View, The Remains of the Day, The Importance of Being Earnest e The Count of Monte Cristo.

Tamén interpretou a Leonardo da Vinci na adaptación da Cinsenta Ever After, xunto con Drew Barrymore e Dougray Scott.

Fixo moitas aparicións na televisión, entre as que destacan nas series Doctor Who e Inspector Morse.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]