Patricio Aylwin
Aparencia
Patricio Aylwin Azócar (
pronunciación (axuda · info)), nado o 26 de novembro de 1918 en Viña del Mar e finado en Santiago de Chile o 19 de abril de 2016,[1] foi o primeiro presidente de Chile despois da ditadura de Augusto Pinochet. Posuíu varios títulos de doutor honoris causa, entre eles o da Universidade Técnica de Lisboa, en Portugal.
Aylwin foi o gobernante que sucedeu ao ditador Augusto Pinochet, que estivo por dezaseis anos e medio ao mando de Chile logo de derrocar ao socialista Salvador Allende no ano 1973 pola vía dun golpe de Estado.
O período que encabezou Aylwin constitúe a chamada etapa da transición á democracia no país suramericano.
É avó da actriz chilena Paz Bascuñán.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patricio Aylwin |
| Presidente de Chile | ||
|---|---|---|
Segue a: Augusto Pinochet |
Patricio Aylwin | Precede a: Eduardo Frei Ruiz-Tagle |
| Partido Demócrata Cristán | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Patricio Aylwin, el líder de la transición chilena". El País (en castelán). 19 de abril de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2019.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |