Patch Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patch Adams
Nacemento28 de maio de 1945
Lugar de nacementoWashington, D.C.
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWakefield High School e Virginia Commonwealth University School of Medicine
Ocupaciónmédico e diplomático
Na rede
https://www.patchadams.org/
IMDB: nm0011254 Youtube: UClSq0XvKO8xSFOwnVevnneQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hunter Doherty "Patch" Adams, nado en Washington, D.C. o 28 de maio de 1945, e máis coñecido como o médico da risoterapia, é un doutor estadounidense, activista social, diplomático e escritor.[1] Fundou o Instituto Gesundheit! en 1971. Cada ano organiza un grupo de voluntarios de todo o mundo para viaxar a distintos países, vestidos de pallasos, nun esforzo por levar o humor ós orfos, pacientes e outras persoas. A partir de abril de 2015, forma parte de Green Shadow Cabinet dos Estados Unidos como "secretario de Saúde para a saúde holística". Na súa vida inspirouse o filme Patch Adams, no cal Robin Williams interpreta o papel de Hunter.

Adams vive na súa casa de Virxinia, onde promove medios alternativos de curación para enfermos en colaboración co instituto. É o inventor da risoterapia con fins médicos e terapéuticos, e o responsable da inclusión desta no medicamento moderno.

Notas[editar | editar a fonte]