Partit Nacionalista del País Valencià
Partit Nacionalista del País Valencià | |
---|---|
![]() | |
Historia | |
Fundación | 1978 1 |
Disolución | 1982 2 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo valenciano, socialdemocracia |
Posición política | Centroesquerda Centro |
1 A partir de Unió Democràtica del País Valencià. 2 Fusión con Agrupament d'Esquerres del País Valencià para formar a coalición Unitat del Poble Valencià o Nacionalistes Valencians. | |
O Partit Nacionalista del País Valencià (PNPV) é un partido político de España, de ideoloxía nacionalista valenciana, que se formou en 1978, cos sectores de Unió Democràtica del País Valencià que se negaron a integrarse en Unión de Centro Democrático.
Desde o punto de vista ideolóxico, o PNPV definíase no Congreso Constituínte do partido, celebrado en decembro de 1979, como «...nacionalista, progresista de esquerda, democrático e comunalista», ademais de interclasista. Francesc Burguera, ademais, declaraba que o partido apoiaba a senyera cuatribarrada ou senyera nua fronte á senyera blava e recoñecía a unidade lingüística con Cataluña, pero que estaba afastado de posturas revolucionarias ou independentistas.[1] Ademais, o PNPV era contrario ao blaverismo.
Encabezados por Francesc de Paula Burguera, o PNPV naceu co espírito de acoller todos os nacionalistas que non se integraron nas listas da UCD ou do PSOE, pero fracasou ao crearse o Agrupament d'Esquerres del País Valencià, formado polos sectores do Partit Socialista del País Valencià (PSPV) que non se uniron ao PSOE. A súa máxima representación institucional foi un escano no Congreso dos Deputados durante a II Lexislatura, ocupado polo seu secretario xeral.
Posteriormente, en 1982, o PNPV uniuse ao Agrupament d'Esquerres del País Valencià para formar a coalición Unitat del Poble Valencià.
Resultados electorais[editar | editar a fonte]
Nas eleccións municipais de 1979 conseguiu 10.773 votos e 12 concelleiros en localidades de relativa importancia.[2]Nas eleccións xerais ao Congreso dos Deputados, o PNPV obtivo 13.828 votos (1,28 %) na circunscrición electoral de Valencia, na única onde presentou listas, e ningún escano.
En 1982 o PNPV coaligouse co Agrupament d'Esquerra del País Valencià (AEPV) para formar a coalición Unitat del Poble Valencià, que en 1984 converterase nun partido político.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Partidos, sindicatos y organizaciones ciudadanas en la provincia de Alicante durante la Transición Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Universitat d'Alacant
- ↑ PNPV: Gran Enciclopèdia Catalana
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Document 88 (en catalán). València: Edicions 3i4. 1988. ISBN 84-7502-227-8.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)
- Què és el Partit Nacionalista del País Valencià? (en catalán). València: Edicions del País. 1981. ISBN 84-300-5105-8.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)
- El sistema de partits polítics al país Valencià (assaig d’aproximació) (en catalán). Almudín. 1980. pp. 63–67.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)