Foi creado en 2005 por Ramón Rodríguez Ares, logo de que o Partido Popular (PP) o expulsase en 2004[1] por recuperar a alcaldía de Sada grazas ao voto dun concelleiro tránsfuga do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), cumprindo así co pacto antitransfuguismo que ambas as formacións acordaran tempo atrás. Acompañárono membros da súa agrupación local, que tamén abandonaron o PP, así como o edil tránsfuga Jose Luis Santamaría[2].
A súa candidatura para as eleccións municipais de 2007 non acadou os concelleiros precisos para anovar a alcaldía e Rodríguez Ares tivo que ceder o seu posto á fronte do concello a Abel López Soto, do Bloque Nacionalista Galego (BNG), investido grazas ao apoio do PSOE e á abstención da Agrupación Sada Unida.[3]
Para as eleccións municipais de 2011, o PDSP volveu ser a segunda forza máis votada, mais desta volta co mesmo número de concelleiros cá primeira (novamente a do BNG). Co apoio dos concelleiros acadados polo PP podería ter recuperado a alcaldía para Rodríguez Ares, porén, un acordo entre PDSP e PP permitiu investir como alcalde a Ernesto Anido, candidato desta última forza (terceira en votos), e Rodríguez Ares foi designado Tenente de Alcalde[4].
Con todo, as relacións entre o PDSP e o equipo de Ernesto Anido foron deteriorándose e após as eleccións municipais de 2015, o PDSP decidiu apoiar con un dos seus dous concelleiros a investidura do candidato de Sadamaioría, Benito Portela Fernández[5].