Abel López Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
2007 – 2011 ← Ramón Rodríguez Ares – Ernesto Anido → | |
![]() | |
2003 – 2004 (moción de censura) ← Ramón Rodríguez Ares – Ramón Rodríguez Ares → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre ![]() |
Abel López Soto, nado en 1954, é un docente[1] e político galego retirado. Foi en dúas etapas distintas alcalde de Sada e líder do Bloque Nacionalista Galego no concello durante case vinte anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Após as eleccións municipais de 2003 accedeu á alcaldía de Sada logo de máis de vinte anos ininterrompidos de gobernos de Ramón Rodríguez Ares. Foi investido co apoio do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE e un partido independente local.[2] Porén, en menos dun ano, o edil tránsfuga do PSOE José Luis Santamaría apoiou a Rodríguez Ares nunha moción de censura que lle devolvería a alcaldía a este último para o que quedaba de mandato. Este feito provocou as protestas na rúa de milleiros de veciños[3] e a expulsión de Rodríguez Ares do Partido Popular.[2]
Logo das eleccións municipais de 2007, López Soto conseguiu que o BNG fose a lista máis votada no concello e regresou á alcaldía, de novo co apoio do PSdeG-PSOE, dado que non fora quen de acadar a maioría absoluta. Durante esta etapa foi un dos protagonistas no proceso que supuxo a apertura do Pazo de Meirás ao público ante o rexeitamento dos herdeiros de Francisco Franco[4][5].
Nas eleccións municipais de 2011 volveu conseguir que o seu partido repetise como lista máis votada[6]. Mais desta volta, os resultados acadados non foron abondo para evitar un pacto entre o novo Partido Demócrata Sada Popular de Rodríguez Ares e o PP, que outorgou a alcaldía ao líder deste último partido, Ernesto Anido.
Pasaría novamente tres anos máis na oposición até que en setembro de 2014 fixo pública a súa renuncia a anovar como candidato do BNG para as eleccións municipais de 2015[6].
Predecesor: Ramón Rodríguez Ares |
![]() Alcalde de Sada 2003 - 2004 |
Sucesor: Ramón Rodríguez Ares |
Predecesor: Ramón Rodríguez Ares |
![]() Alcalde de Sada 2007 - 2011 |
Sucesor: Ernesto Anido |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez, Nuria. "López Soto se baja el sueldo tras subirlo para cobrar lo mismo que como profesor". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-28.
- ↑ 2,0 2,1 Hermida, Xosé (2004-02-03). "El alcalde de Sada se duplica el sueldo en el primer pleno de su nuevo mandato". El País (en castelán). Consultado o 2016-08-28.
- ↑ Elena Pérez. "Miles personas protestan en Sada contra la moción de censura promovida por el PP". ABC.es. Consultado o 2016-08-28.
- ↑ 20Minutos. "El BNG denuncia "cierta connivencia" entre la Xunta y familia de Franco por el retraso en la apertura del Pazo de Meirás - 20minutos.es". Consultado o 2016-08-28.
- ↑ "El BNG denuncia el apoyo de la Xunta a la familia Franco para no abrir el Pazo de Meirás". Consultado o 2016-08-28.
- ↑ 6,0 6,1 Antares Pérez. "López Soto renuncia a ser candidato por el BNG tras veinte años en la política de Sada". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2016-08-28.