Parque nacional de Sagarmatha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Parque Nacional de Sagarmatha
Sagarmatha NP sign.jpg
Cartel de entrada do parque
[[Ficheiro:
Parque Nacional de Sagarmatha en Nepal
Parque Nacional de Sagarmatha
Parque Nacional de Sagarmatha
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Nepal (with spacing, aspect ratio 4-3).svg Nepal
Localización27°53′28″N 86°41′35″L / 27.89111, -86.69306
TipoNatural
CriteriosVII
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador120

O Parque Nacional de Sagarmāthā é un parque nacional no Himalaia no leste de Nepal que está dominado polo Monte Everest. Abarca un área de 1.148 km² no Distrito de Solukhumbu e vaí desde os 2.845 ata os 8.848 m., no cumio do Monte Everest. No norte, comparte a fronteira internacional coa Qomolangma National Nature Preserve do Tíbet. No leste linda co Parque Nacional de Makalu Barun e no sur esténdese cara ao río Dudh Kosi.[1] Forma parte do Paisaxe Sagrado do Himalaia.[2]

Sagarmāthā é unha palabra Nepali derivada de सगर् sagar que significa "ceo" e माथा māthā que significa "cabeza".[3]

A área protexida identificouse como Área de Aves Importante pola BirdLife International.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional de Sagarmatha creouse en 1976. En 1979, converteuse no primeiro parque nacional do país inscrito como Patrimonio da Humanidade. En xaneiro de 2002, engadiuse unha Zona de protección de 275 km².[1] Baixo as Pautas de Xestión de Zona de proteccion a conservación dos bosques, a vida salvaxe e os recursos culturais recibiron a máxima prioridade, seguido da conservación doutros recursos naturais e do desenvolvemento de enerxía renovable.[5]

O turismo cara á zona comezou a principios dos anos 60. En 2003 chegaron preto de 19.000 turistas. A partir de 2005, preto de 3.500 Sherpas vivían en aldeas e asentamentos estacionais situados nos principais camiños turísticos.[6]

O centro de visitantes do parque está situado na cima dun outeiro en Namche Bazaar, onde unha compañía do exército nepalés está estacionada para a protección do parque. A entrada sur do parque está a poucos centos de metros ao norte de Monzo a 2835 m, unha caminata dun día desde Lukla.[7]

Paisaxe[editar | editar a fonte]

O parque abrangue as áreas máis elevadas da conca do río Dudh Kosi, a conca do río Bhotekoshi e os Lagos Gokyo. Está composta principalmente por terreos accidentados e canóns do alto Himalaia, desde 2845 m. en Monjo ata o cumio máis alto do mundo no Sagarmatha (Monte Everest) con 8848 m. por riba do nivel do mar. Outros picos por riba dos 6000 m. son o Lhotse, Cho Oyu, Thamserku, Nuptse, Amadablam e Pumori. O terreo árido por encima de 5000 m. comprende o 69% do parque mentres que o 28% son pastos e o 3% restante son bosques. As zonas climáticas inclúen unha zona templada boscosa, unha zona subalpina superior a 3.000 m. e unha zona alpina superior aos 4.000 m. que constitúe o límite superior do crecemento da vexetación. A zona nival comeza nos 5000 m..[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Bhuju, U. R., Shakya, P. R., Basnet, T. B., Shrestha, S. (2007). Nepal Biodiversity Resource Book. Protected Areas, Ramsar Sites, and World Heritage Sites (PDF). Kathmandu: International Centre for Integrated Mountain Development, Ministry of Environment, Science and Technology, in cooperation with United Nations Environment Programme, Regional Office for Asia and the Pacific. ISBN 978-92-9115-033-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2011. Consultado o 04 de xaneiro de 2019. 
  2. Gurung, C. P.; Maskey, T. M.; Poudel, N.; Lama, Y.; Wagley, M. P.; Manandhar, A.; Khaling, S.; Thapa, G.; Thapa, S.; Wikramanayake, E. D. (2006). "The Sacred Himalayan Landscape: Conceptualizing, Visioning, and Planning for Conservation of Biodiversity, Culture and Livelihoods in the Eastern Himalaya" (PDF). En McNeely, J. A.; McCarthy, T. M.; Smith, A.; Whittaker, O. L.; Wikramanayake, E. D. Conservation Biology in Asia. Kathmandu: Nepal Society for Conservation Biology, Asia Section and Resources Himalaya Foundation. pp. 10–20. ISBN 99946-996-9-5. 
  3. Turner, R. L. (1931). सगर् sagar and माथा matha in: A comparative and etymological dictionary of the Nepali language. K. Paul, Trench, Trubner, London.
  4. "Sacred Himalayan Landscape". Government of Nepal – Department of National Parks and Wildlife Conservation. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  5. Heinen, J. T.; Mehta, J. N. (2000). "Emerging Issues in Legal and Procedural Aspects of Buffer Zone Management with Case Studies from Nepal". Journal of Environment and Development 9 (1): 45–67. 
  6. Byers, A. (2005). Contemporary human impacts on Alpine ecosystems in the Sagarmatha (Mt. Everest) national park, Khumbu, Nepal. Annals of the Association of American Geographers 95 (1): 112–140.
  7. "World’s highest ER battles to save lives on Everest" (en inglés). Consultado o 2018-09-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]