Parque Natural de Redes
| Tipo | espazo natural protexido Lugar de importancia comunitaria parque natural | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Asturias, España, Casu, España e Sobrescobiu, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 377,36 km² 37.702,0485 ha | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| Reserva da biosfera | ||||
| Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 27 de decembro de 1996 e 1996 | |||
| Sitio web | naturalezadeasturias.es… | |||
O Parque Natural de Redes atópase en Asturias na Comarca do Nalón.
Descrición do parque
[editar | editar a fonte]Este parque, contén unha das forestas de faias máis importantes da Cordilleira Cantábrica. A súa grande extensión e bo grao de conservación fan posible a presenza dunha gran mostra da fauna do bosque caducifolio. Foi declarada Reserva da Biosfera no 2001.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Ademais das faias, son destacábeis as fragas de carballos (quercus petraea), o freixo e o acivro (Ilex aquifolium). Entre os arbustos pódense nomear a arandeira (vaccinium myrtillus) ou a queiroa (calluna vulgaris). O rebezo, o corzo, o lobo, o gato montés, a marta, o leirón rabudo, a lebre de piornal e a lebre europea son os mamíferos máis representativos e habituais. Presenza esporádica do oso pardo, namentres o cervo foi reintroducido hai décadas. Nas aves cómpre salientar a arcea, o peto mediano, peto negro, peto real e a aguia real.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vista xeral do parque.
- Parque natural de Redes, ao fondo os Picos de Europa.
- Faial en Redes.
- Vexetación do parque.
- Panorama.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Natural de Redes |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

