Saltar ao contido

Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas
Imaxe
Tipocordilleira
Lugar de Importancia Comunitaria
parque natural
reserva da biosfera
espazo natural protexido
parque natural
Zona de especial conservación
Zona de especial protección para as aves
Natura 2000 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deRede Natura 2000
Rede Natura 2000 en España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Xaén, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°05′N 2°45′O / 38.08, -2.75
Características
Superficie209.674,30631 ha
209.929,92258 ha
209.929,92 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349404 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES0000035 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación16 de marzo de 1986 e 2017 Editar o valor en Wikidata

O Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas atópase ao nordés da provincia de Xaén, en Andalucía, España. Está declarado coma reserva da biosfera pola UNESCO dende 1983, coma parque natural dende 1986 e coma zona de especial protección para as aves (ZEPA) desde 1987.

Conta cunha superficie de 214 300 ha, sendo o maior parque natural de España e o segundo de Europa.[1]

A formación forestal máis estendida é o bosque mediterráneo, dominado polo piñeiro negral e os xenebreiros. Existen interesantes endemismos coma o Xeranio de Cazorla (Geranium Cazorlense) e o Erodium Cazorlanum.

O mamífero máis común e salientable é a cabra montesa. Entre as aves, nomear o quebraosos. Actualmente é obxecto dun proxecto de reintrodución. Esta especie desapareceu do parque no 1986, tralas campañas de envelenamento promovidas pola Administración franquista dende as décadas 50 e 60 do século XX. Entre os réptiles existe o endemismo da lagarta de Valverde (Algyroides Marchi).

  1. "El parque natural más grande de España cumple 35 años". COPE. Consultado o 9 de xuño de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]