Parque Arqueolóxico do Solsticio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 2°28′36″N 51°00′38″O / 2.47666667, -51.01055556

Parque Arqueolóxico do Solsticio.

O Parque Arqueolóxico do Solsticio (en portugués: Parque Arqueológico do Solstício), tamén coñecido en fontes académicas como AP-CA-18, é un parque arqueolóxico que se atopa no estado de Amapá, no Brasil, preto da cidade de Calçoene. É un exemplo de arte rupestre de interese histórico e turístico coñecido por conter o Observatorio Astronómico de Calçoene.[1][2][3] Componse dun círculo de megálitos, coloquialmente coñecido como o Stonehenge do Amazonas, de 127 bloques de granito, cada un deles de até 4 metros de altura, de pé nun círculo de máis de 30 metros de diámetro na beira do río Rego Grande no cumio dun outeiro. Os arqueólogos cren que este sitio foi construído por pobos indíxenas con fins astronómicos, cerimoniais ou funerarios, e probablemente unha combinación.

Círculo megalítico[editar | editar a fonte]

O sitio, coñecido pola comunidade científica dende os anos 1950,[1] componse de cando menos 127 rochas dispostas en formato circular, no cumio dun outeiro.[4] Crese que foi construído como un antigo observatorio astronómico polos antigos pobos indíxenas que habitaban a rexión.[1] O círculo megalítico tem 30 m de diámetro, con pedras de granito de até 4 m de altura. Aseméllase a outro círculo megalítico atopado na Güiana Francesa, cuxa datación indica ter máis de 2000 anos de antigüidade. Probabelmente foi construído hai máis de mil anos e usado por, cando menos, 300 anos.[5]

O círculo de Calçoene foi alcumado como o "Stonehenge do Amapá", nunha referencia a Stonehenge, en Inglaterra.[6] As escavacións no lugar, executadas por arqueólogos, comezaron en 2006.[1] Baseándose nas características de anacos de cerámica atopados nos arredores do sitio arqueolóxico, os expertos estiman a súa antigüidade entre 500 e 2000 anos.[7][8]

Un dos bloques de pedra do círculo megalítico foi posicionado de maneira que o Sol, durante o solsticio de inverno do hemisferio norte, que ocorre o 21 de decembro, está xusto enriba del facendo que a súa sombra desapareza.[7] Ademais, o posicionamento desta rocha é tal que a proxección de sombras durante todo o día é diminuta.[8] É este aliñamento dun dos bloques de rocha co solsticio de decembro o que levou aos arqueólogos a acreditar que o lugar era un observatorio astronómico, e que ao observar o círculo megalítico de Calçoene está a ollar os restos dunha cultura avanzada.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Universidade Federal de Campina Grande (ed.). ""Stonehenge" amazônico foi criação local". Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  2. Jornal Folha de S.Paulo, 9 de decembro de 2006, folha A30 (Ciência)
  3. Universidade de Campinas, ed. (11 de agosto de 2006). "Patrimônio arqueológico do Brasil pede socorro". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  4. Arqueologia Americana (blog), ed. (16 de maio de 2006). "Observatório celeste do Amapá: a etnoastronomia nas culturas amazônicas". Consultado o 7 de xuño de 2012. 
  5. "'Stonehenge da Amazônia', o observatório astrológico erguido há mais de mil anos na floresta - BBC Brasil". BBC Brasil. Consultado o 2016-01-07. 
  6. Cabral, Mariana Petry; Saldanha, João Darcy de Moura (2009-06-30). "Um sítio, múltiplas interpretações: o caso do chamado "Stonehenge do Amapá"". Revista de Arqueologia (en portugués) 22 (1): 115–123. ISSN 1982-1999. doi:10.24885/sab.v22i1.264. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Lehman, Stan (27 de xuño de 2006). MSNBC, ed. "Another ‘Stonehenge’ discovered in Amazon: Centuries-old granite grouping may have served as observatory" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2007-02-12. Consultado o 13 de febreiro de 2007. 
  8. 8,0 8,1 Wondermondo (ed.). "Calçoene megalithic observatory - Amazon Stonehenge" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2010-07-17. Consultado o 7 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]