Saltar ao contido

Paredros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paredros (transcrición do grego antigo πάρεδρος, páredros) é un substantivo ou adxectivo que significa literalmente «sentar cerca», «que está sentado á beira». Traducido como asesor, na antiga cultura grega representaba a función de axuda nunha institución política.

Nos séculos -V e -IV, foron nomeados arcontes epónimos e arcontes basileus suplentes. A súa posición era de carácter oficial, xa que estaban suxeitos á dokimasia. Cada un dos dez eúthynoi da Bulé que había no século -IV, tiña dous asesores cuxo traballo comezaba despois de que fosen presentadas as denuncias. Desde -418/-417 eran dez os asesores do hellenotamiai pagos polo erario público.

En Esparta foron os éforos os paredros dos reis para os asuntos legais.

No Exipto helenístico os paredros actuaban como conselleiros consultivos de cada un dos xuíces, como membros dos tribunais. Existiron entre os séculos -I e III.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]