Saltar ao contido

Parda alpina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A parda alpina (Braunvieh) é unha raza de vaca doméstica autóctona dos Alpes suízos e presente en varias subrazas por toda a zona alpina. Así é denominada como Braunvieh en alemán (en galego traducido por "vaca moura") ou Bruna alpina vecchia ceppo, en italiano. Orixinariamente era unha raza de tripla aptitude, usada para a produción de leite, carne e traballo; as vacas pardas alpinas modernas dedícanse maioritariamente á produción láctea. É a raza da cal proveñen as actuais razas suízas Brown Brown e American Brown .

A pardo alpina derívase das vacas de cor marrón agrisada criadas dende a Idade Media no cantón de Schwyz (Suíza central). Documentos de finais do século XIV no mosteiro de Einsiedeln documentan a exportación deste gando a Vorarlberg, agora parte de Austria.[1] O primeiro libro xenealóxico coñecido por unha raza de gando é precisamente o da pardo alpina conservado na abadía de Einsiedeln de 1775 a 1782. Unha descrición de 1795 do gando de Schwyz defíneo como o máis grande e o mellor do país.[2][3]

A pardo alpina foi exhibida na Exposición Universal de Agricultura, Industria e Belas Artes de París (1855) e na Grande Exposición de Londres (1862).

As vacas de Schwyz e outras dúas razas de gando pardo alpino foron recoñecidas en 1875, e en 1879 uníronse nun só libro xenealóxico co nome de Schweizerische Braunvieh.[1] En 1897 fundouse a asociación de criadores Verbands Schweizerischer Braunviehzucht-Genossenschaften en Bünzen, no cantón de Aargau .

Entre 1967 e 1998 houbo unha reprodución cruzada substancial de Braunvieh con Brown Swiss co obxectivo de mellorar o rendemento do leite, as dimensións físicas e a conformación da ubre. En Alemaña, o que comezou como un programa de mellora converteuse nun programa de substitución e en 1994 a contribución xenética de Brown Swiss a Braunvieh alcanzou o 60%.

Historia en España

[editar | editar a fonte]

Dende o ano 1956 até a década de 1970 o Ministerio de Agricultura importou ininterrompidamente tódolos anos lotes de novillas de parda alpina, procedentes sobre todo de Suíza e Austria (aínda que tamén en menor medida de Alemaña, Francia e Italia) que foron vendidas a gandeiros da metade norte de España (Cordilleira cantábrica, Pireneos e submeseta norte).

Loxicamente adaptáronse moi ben por ser gando rústico e aproveitouse para un triplo propósito, converteuse na raza máis numerosa da metade norte e chegou a desprazar ou extinguir por absorción a maioría das variedades ou razas locais preexistentes. Hoxe e día en territorios como León ou Cataluña existen razas locais descendentes integramente de exemplares de parda alpina.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Hoxe día existen dous tipos de parda alpina: a parda alpina suíza, de vocación leiteira e a parda alpina orixinal, como raza mixta de carne e de leite. Os descendentes desta raza atópanse amplamente estendidos por toda a montaña leonesa, así como tamén en Palencia, Asturias e Cantabria.

En Suíza rexistráronse 216.000 femias e preto de 1.200 machos censados no libro xenealóxico. No transcurso da tempada 2002/03, rexistráronse 192.011 lactacións, cunha media de produción en 300 días de 6.454 Kg, cun contido en graxa de 3,99% e 3,31% de proteína. En Suíza aínda se crían ao redor de 4.000 alpinas orixinais, que tamén están inscritas en control leiteiro.

Esta raza resulta interesante para os gandeiros pola calidade do seus ubres e das súas patas. Ademais, está estendida a nivel mundial pola súa lonxevidade, capacidade de adaptación, fertilidade e aptitudes para pastar. Posúe unha importante produción de proteína de calidade e soporta condicións difíciles de manexo. Outra virtude da parda alpina é a súa facilidade no ordeño, calidade que é apreciada a nivel global.

Actualmente a variante que foi introducida en maior escala na década de 1960 na rexión de León é coñecida como "parda de montaña".[4]

Razas derivadas da pardo alpina

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

A parda alpina é unha vaca de capa uniforme parda ou gris-parda, co nariz negro e bocibranca. Os cornos son curtos e delgados, e claros coas puntas escuras. O fociño é de cor gris lousa rodeado dun halo branco. As orellas están forradas con longos pelos brancos que lembran aos animais de peluche. O touro é máis escuro na cruz. Mide 135 a 140  cm á cruz de 600 a 700  kg

Trátase dunha vaca de aptitude leiteira. Dependendo da zona a produción oscila entre 7.200 (rexións de montaña) e 12.000 litros ao ano.

  1. 1,0 1,1 Felius & Beerling & Buchanan & Theunissen (2014)
  2. Wallrath Medicus, Ludwig (1795). Bemerkungen über die Alpen-Wirtschaft auf einer Reise durch die Schweiz (en alemán). (citado por Engeler). Leipzig: Gräff. 
  3. Engeler, Willy (1947). Das schweizerische Braunvieh: Monographie und Quellenwerk über die Braunviehrasse, ihre Verbreitung, Züchtung und Förderung in Geschichte und Gegenwart (en alemán). Frauenfeld: Huber. 
  4. "El MAPA ‘bautiza’ a la vaca Parda Alpina como Parda de Montaña". agroterra.com (en s). 21-1-2004. Consultado o 26-11-2019. 
  5. "La Asociación. La Raza Parda de Montaña". pardamontana.es (en castelán). Consultado o 26-11-2019. 
  6. "Historia de la Asociación Aragonesa C.G.R.P.M (Parda de Montaña)". pardademontana.com (en castelán). Consultado o 26-11-2019. 
  7. "QUÉ ES LA RAZA BRUNA". brunadelspirineus.org (en castelán). Archived from the original on 29-10-2015. Consultado o 26-11-2019. 
  8. "THE BROWN SWISS CATTLE BREEDERS’ ASSOCIATION OF THE USA". brownswissusa.com (en inglés). Consultado o 26-11-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]