Para mariñeiros, nós
Aparencia
| Para mariñeiros, nós | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Para mariñeiros, nós é unha serie de curtas de humor de Correlo Filmes, nacida en Internet e emitida por V Televisión dende 2010.[1] Foi dirixida por Omar Rabuñal[2] O elenco está composto por Suso Lista, Manuel Castro,[3] Vicente de Souza e Tamara Torrado.[4]
Argumento
[editar | editar a fonte]A serie reflicte as reflexións retranqueiras e cheas de humor negro de dous mariñeiros da Costa da Morte, Pinto (Suso Lista) e Cobiñas (Manuel Castro Duarte), na Taberna de Raimundo (atendida por Vicente de Souza e Tamara Torrado Roel) na localidade ficticia de Cormariñas.
Os interiores grávanse no bar Biscoiteiro de Corme, Ponteceso.[5]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2010 | Mellor serie de televisión | Correlo Filmes | Nomeado[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primeiro episodio
- ↑ Omar Rabuñal no Soportal do audiovisual galego.
- ↑ "«Se non houbese disputas quedariamos sen humor»" La Voz de Galicia, 8/7/2010.
- ↑ "Chica nueva entre «mariñeiros»" La Voz de Galicia, 23/10/2010.
- ↑ "A nova vida do Biscoiteiro" La Voz de Galicia, 2/7/2010.
- ↑ "Lista de finalistas dos Mestre Mateo 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2014. Consultado o 06 de setembro de 2014.