Papaventos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papaventos.
"Empinando" un papaventos.

Un papaventos é un aparello voante que se move coa forza do vento, dirixido desde terra por medio de cables que o suxeitan e transmiten a forza de quen o está guiando, forza que se opón a unha compoñente do vento que trata de arrastralo.

Historia[editar | editar a fonte]

Deseño en madeira dun papaventos, do libro de John Bate The Mysteryes of Nature and Art (1635) na sección 'Como facer un dragón de fogo' (ver pé de ilustración).

Foron inventados na China,[1] onde os materiais ideais para a súa construción eran doados conseguir: seda para a vela e para facer fío fino e soporte de alta tensión, e bambú para unha estrutura resistente e lixeira.

A súa invención é reclamada polos filósofos chinos do s. V Mozi (Mo Di) e Lu Ban (Gongshu Ban). Cara a 549, é seguro que se facían papaventos de papel, pois en dito ano un deles foi empregado nunha mensaxe para unha misión de rescate.[2] fontes antigas e medievais chinas describen papaventos usados para medir distancias, vento, elevar xente, sinalización e comunicación para operacións militares.[2] Os papaventos chinos máis antigos eran planos e correntemente rectangulares. Despois incorporouse a cola de estabilización. Os papaventos eran decorados con motivos mitolóxicos e figuras de lenda; algúns foron dotados de cordas e canas ocas para producir sons mentres voaban.[3][4][5] Da China pasaron a Cambodja, Tailandia, India, Xapón, Corea e o mundo occidental.[2][3][5]

Papaventos voando, de Suzuki Harunobu, 1766 (Metropolitan Museum of Art)
Construtor de papaventos indio, imaxe de 'Travels in India, including Sinde and the Punjab' de H. E. Lloyd, 1845

Trala súa introdución na India, evoluíu a papaventos de loita, coñecido como patang. Alí vóase por milleiros en festivais como o Makar Sankranti.[6]

Nas illas do Pacífico son usados papaventos antropomórficos en cerimonias relixiosas, para enviar pregarias ós deuses.[7] As tradicións de papaventos na Polinesia úsanse polos antropólogos para aproximarse ás tradicións primitivas en Asia.[8]

Nenos voando un papaventos. Gravado publicado en Alemaña no 1828 por Johann Michael Voltz

Os papaventos arribaron tarde a Europa, aínda que xa os romanos usaban bandeiríns voantes. O coñecemento da existencia dos papaventos chegou a Europa a traverso de Marco Polo cara a finais do século XIII, e mariñeiros trouxeron papaventos de Xapón e Malasia nos séculos XVI e XVII.[9] Aínda que de xeito inicial foron contemplados como curiosidade, nos sécuolos XVII e XVIII foron usadas para a investigación científica.[9]

No 1750, Benjamin Franklin publicou a proposta dun experimento para probar que os raios eran causados pola electricidade, facendo voar un papaventos capaz de atraer un raio nunha tormenta. É descoñecido se Franklin chegou a levar a cabo o experimento,[10][11] pero o 10 de maio de 1752, o francés Thomas-François Dalibard levou a cabo unha experiencia semellante usando unha barra de ferro de 12 m e obtendo chispas dunha nube.[10]

Os papaventos foron tamén instrumentos de investigación dos irmáns Wright no desenvolvemento do seu aeroplano a finais dos 1800. Os 70 anos seguintes viron o desenvolvemento de moitos novos deseños de papaventos, con frecuencia patentados. Inclúene aquí o papaventos de diamante sen cola de Eddy, o papaventos tetraédrico, o papaventos flexible, o papaventos zorra e os precursores das modernas ás delta e parapente.[12] De feito, entre 1860 e 1910 houbo unha idade de ouro dos papaventos. Foron usados como medio científico, en meteoroloxía, aeronáutica, comunicacións inarámicas e fotografía, así como para elevación de xente ou con fins enerxéticos.

O desenvolvemento dos aeroplanos mecánicos diminuíu o interese polos papaventos. Xa na II Guerra mundial o seu uso foi limitado. Dende entón, son usados sobre todo como recreo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yinke, Deng (2005). Ancient Chinese inventions. Cambridge: Cambridge University Press. p. 122. ISBN 978-0-521-18692-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Needham, Volume 4, Part 1, 127.
  3. 3,0 3,1 "Amazing Musical Kites", Cambodia Philately
  4. Kite Flying for Fun and Science, 1907, The New York Times.
  5. 5,0 5,1 "Khmer Kites", Sim Sarak and Cheang Yarin, Ministry of Culture and Fine Arts, Cambodia 2002
  6. Tripathi, Piyush Kumar (7 January 2012). "Kite fights to turn skies colourful on Makar Sankranti - Professional flyers to showcase flying skills; food lovers can relish delicacies at snack huts". The Telegraph (Calcutta, India). 
  7. Tarlton, John. "Ancient Maori Kites". Ancient Maori Kites. Consultado o 19 October 2011. 
  8. Chadwick, Nora K. (July 1931). "The Kite: A Study in Polynesian Tradition". Journal of the Royal Anthropological Institute 61: 455. ISSN 0307-3114. doi:10.2307/2843932. 
  9. 9,0 9,1 Anon. "Kite History: A Simple History of Kiting". G-Kites. Consultado o 20 June 2010. 
  10. 10,0 10,1 "Franklin's Kite". Mos.org. Consultado o 2012-10-03. 
  11. "Bolt Of Fate: Benjamin Franklin And His Electric Kite Hoax: Tommy N. Tucker". Amazon.com. Consultado o 2012-10-03. 
  12. "History of Kites". Consultado o 18 April 2012.