Papaventos
Un papaventos é un aparello voante que se move coa forza do vento, dirixido desde terra por medio de cables que o suxeitan e transmiten a forza de quen o está guiando, forza que se opón a unha compoñente do vento que trata de arrastralo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foron inventados na China,[1] onde os materiais ideais para a súa construción eran doados de conseguir: seda para a vela e para facer fío fino e soporte de alta tensión, e bambú para unha estrutura resistente e lixeira.
A súa invención é reclamada polos filósofos chineses do s. V Mozi (Mo Di) e Lu Ban (Gongshu Ban). Cara a 549, é seguro que se facían papaventos de papel, pois en dito ano un deles foi empregado nunha mensaxe para unha misión de rescate.[2] Fontes antigas e medievais chinesas describen papaventos usados para medir distancias, vento, elevar xente, sinalización e comunicación para operacións militares.[2] Os papaventos chineses máis antigos eran planos e correntemente rectangulares. Despois incorporouse a cola de estabilización. Os papaventos eran decorados con motivos mitolóxicos e figuras de lenda; algúns foron dotados de cordas e canas ocas para producir sons mentres voaban.[3][4][5] Da China pasaron a Camboxa, Tailandia, India, Xapón, Corea e o mundo occidental.[2][3][5]
Trala súa introdución na India, evolucionou a papaventos de loita, coñecido como patang. Alí vóase por milleiros en festivais como o Makar Sankranti.[6]
Nas illas do Pacífico son usados papaventos antropomórficos en cerimonias relixiosas, para enviar pregarias ós deuses.[7] As tradicións de papaventos na Polinesia úsanse polos antropólogos para aproximarse ás tradicións primitivas en Asia.[8]
Os papaventos arribaron tarde a Europa, aínda que xa os romanos usaban bandeiríns voantes. O coñecemento da existencia dos papaventos chegou a Europa a traverso de Marco Polo cara a finais do século XIII, e mariñeiros trouxeron papaventos do Xapón e Malaisia nos séculos XVI e XVII.[9] Aínda que de xeito inicial foron contemplados como curiosidade, nos sécuolos XVII e XVIII foron usadas para a investigación científica.[9]
No 1750, Benjamin Franklin publicou a proposta dun experimento para probar que os raios eran causados pola electricidade, facendo voar un papaventos capaz de atraer un raio nunha tormenta. É descoñecido se Franklin chegou a levar a cabo o experimento,[10][11] pero o 10 de maio de 1752, o francés Thomas-François Dalibard levou a cabo unha experiencia semellante usando unha barra de ferro de 12 m e obtendo chispas dunha nube.[10]
Os papaventos foron tamén instrumentos de investigación dos irmáns Wright no desenvolvemento do seu aeroplano a finais dos 1800. Os 70 anos seguintes viron o desenvolvemento de moitos novos deseños de papaventos, con frecuencia patentados. Inclúene aquí o papaventos de diamante sen cola de Eddy, o papaventos tetraédrico, o papaventos flexible, o papaventos zorra e os precursores das modernas ás delta e parapente.[12] De feito, entre 1860 e 1910 houbo unha idade de ouro dos papaventos. Foron usados como medio científico, en meteoroloxía, aeronáutica, comunicacións sen fíos e fotografía, así como para elevación de xente ou con fins enerxéticos.
O desenvolvemento dos aeroplanos mecánicos diminuíu o interese polos papaventos. Xa na II Guerra mundial o seu uso foi limitado. Dende entón, son usados sobre todo como recreo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yinke, Deng (2005). Ancient Chinese inventions. Cambridge: Cambridge University Press. p. 122. ISBN 978-0-521-18692-6.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Needham, Volume 4, Part 1, 127.
- ↑ 3,0 3,1 "Amazing Musical Kites", Cambodia Philately
- ↑ Kite Flying for Fun and Science, 1907, The New York Times.
- ↑ 5,0 5,1 "Khmer Kites", Sim Sarak and Cheang Yarin, Ministry of Culture and Fine Arts, Cambodia 2002
- ↑ Tripathi, Piyush Kumar (7 January 2012). "Kite fights to turn skies colourful on Makar Sankranti - Professional flyers to showcase flying skills; food lovers can relish delicacies at snack huts". The Telegraph (Calcutta, India).
- ↑ Tarlton, John. "Ancient Maori Kites". Ancient Maori Kites. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2011. Consultado o 19 October 2011.
- ↑ Chadwick, Nora K. (July 1931). "The Kite: A Study in Polynesian Tradition". Journal of the Royal Anthropological Institute 61: 455. ISSN 0307-3114. doi:10.2307/2843932.
- ↑ 9,0 9,1 Anon. "Kite History: A Simple History of Kiting". G-Kites. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 20 June 2010.
- ↑ 10,0 10,1 "Franklin's Kite". Mos.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 2012-10-03.
- ↑ "Bolt Of Fate: Benjamin Franklin And His Electric Kite Hoax: Tommy N. Tucker". Amazon.com. Consultado o 2012-10-03.
- ↑ "History of Kites". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 18 April 2012.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papaventos |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Papaventos |