Mountain View, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°23′22″N 122°4′55″O / 37.38944, -122.08194

Casa do concello da cidade.

Mountain View é unha cidade no condado de Santa Clara, California. A cidade ten o seu nome debido á vista dende as Montañas Santa Cruz.[1] No censo de 2000, Mountain View alcanzou a cifra de 70.708 habitantes.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 31,8 quilómetros cadrados, dos cales, 31,1 quilómetros cadrados son terra e 0,7 quilómetros cadrados (2,26%) son auga.

Mountain View atópase no extremo norte da Ruta Estatal 85, onde se une coa Ruta 101 dos Estados Unidos. A Ruta Estatal 82 do estado segue a ruta do histórico Camiño real a través de Mountain View. A cidade limita polo noroeste con Palo Alto, ó suroeste con Los Altos, ó sueste con Sunnyvale, ó nordés co aeroporto federal de Moffett, e polo norte coa Baía de San Francisco.

Cara ó oeste están os Montes Santa Cruz, ós cales a cidade debe o seu nome, e que a separan do Océano Pacífico. Polo leste atópase a gama de Diablo. Ámbalas cadeas, que en conxunto forman os límites do Val de Santa Clara, son visibles dende moitos puntos da cidade.

A maioría de Mountain View componse dos barrios residenciais. Os parques empresariais atópanse principalmente na zona norte do litoral, ó norte da estrada 101, e ó leste da estrada 85.

Clima[editar | editar a fonte]

Mountain View ten un clima mediterráneo con influencia oceánica (Köppen Csb: subtropical seco verán). Os veráns son cálidos e secos, mentres que os invernos son suaves e húmidos. Porén, os veráns e os invernos son algo moderado debido á súa relativa proximidade ao Pacífico, aínda que ten unha influencia marítima menor que San Francisco, máis ó norte da península.

Notas[editar | editar a fonte]