Palmípede
Palmípedes Palmipedes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lavanco macho, un palmípede | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Os palmípedes son aves acuáticas con patas palmadas.[2]
Polo tanto este termo refírese xeralmente aos cisnes, gansos e patos.
O termo está testemuñado en Nature des oyseaux de Pierre Belon, unha clasificación publicada en 1555.[3] É un préstamo do latín palmipes, -edis "que ten o pé palmado", que tomou P. Belon na páxina 197 do texto citado. A orde foi creada por Georges Cuvier en 1805, e asumido na clasificación de Richard Bowdler Sharpe até finais do século XIX.
A clasificación de Cuvier
[editar | editar a fonte]Desde un punto de vista sistemático, os palmípedes (Palmipedes) son un dos seis grupos de aves definidos por Cuvier segundo os seguintes criterios:
- pescozo máis longo que as patas;
- pés palmados, é dicir, que unha membrana une os dedos entre si (non sempre en toda a súa lonxitude);
- plumaxe recuberta dunha secreción que a fai impermeábel.
As familias eran as seguintes:
- Mergulladores ou Brachyptera: somougullos ou mergullóns (actuais podicipédidos), pingüíns (actualmente incluídos na orde dos esfensciformes);
- Longipennes (de Lamarck): petreis (hoxe na orde dos procelariformes, familia dos proceláridos), albatros (hoxe procelariformes da familia dos diomedeidos, gaivotas (hoxe caradriformes da familia dos láridos), e carráns, (hoxe caradriformes da familia dos estérnidos);
- Totipalmes: pelicanos (hoxe pelecaniformes da familia dos pelecánidos, corvos mariños (hoxe pelecaniformes da familia dos falacrocorácidos), fragatas (hoxe na orde dos suliformes), aningas (hoxe suliformes da familia dos anínguidos);
- Lamellirostros: patos, gansos, e cisnes (actualmente anseriformes).
Como se pode ver, este grupo reúne especies filoxeneticamente moi distantes, e os caracteres compartidos corresponden a converxencias adaptativas vinculadas ao modo de vida acuático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ G. Cuvier (1805): Anat. comp., T. 1, p. 408.
- ↑ palmípede no Dicionario da RAG.
- ↑ Palmipèdes en cnrtl.fr.