Saltar ao contido

Petrel branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petrel branco
Pagodroma nivea
Johann Reinhold Forster 1777 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. nivea Editar o valor en Wikidata
Conservación
Especie pouco preocupante
Localización
 Área de distribución
Distribución
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeProcellariiformes
FamiliaProcellariidae
XéneroPagodroma
EspecieP. nivea
Datas
 Período de incubación
45 d Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa341 g peso adulto macho
293 g peso adulto femia
47 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Envergadura85 cm Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada1 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0ch2g7 Editar o valor en Wikidata
ITIS174614 Editar o valor en Wikidata
OTT944660 Editar o valor en Wikidata
UICN22697885 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Pagodroma nivea.

O petrel branco[Cómpre referencia] ou das neves (Pagodroma nivea) é unha pequena ave, única no seu xénero, Pagodroma, pertencente á familia Procellariidae. Ten unha plumaxe case completamente branca, ollos escuros e un pequeno peteiro negro. De longo mide entre 36 e 41 cm e de envergadura acada os 76–79 cm. O seu voo é diferente, axitando máis as ás cós outros petreis. É unha das tres aves que aniñan exclusivamente na Antártica e que foron vistas no polo sur. Existen dúas subespecies, P. n. confusa e P. n. nivea, que difiren só no tocante ao tamaño.

Aniña en colonias na península, no continente e en varias illas Antárticas; preferindo os cantís na beira do mar. Algunhas aves fican na colonia todo o ano, mais o normal é que partan entre mediados de setembro e comezo de novembro. Pon un ovo, que chocan entre 41 a 49 días e durante 8 días máis tralo nacemento do pito.

O petrel branco aliméntase de peixe, algúns cefalópodos, moluscos e krill así como tamén de prea. Durante o inverno viven esparexidos aínda que moitos agrúpanse en icebergs. Raramente obsérvanse ao norte do territorio antártico.

Como moitos outros petreis, poden expulsar aceite estomacal aos intrusos que asexan os seus niños. Ese aceite fedorento é extremadamente difícil de limpar. Sóubose que algúns viven entre 14 e 20 anos.

Báñanse na neve, tamén se sabe que a derreten para bebela.