Palio, Lalín
Palio | |
---|---|
Igrexa de Santa Baia de Palio. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′19″N 8°06′17″O / 42.755414, -8.104686Coordenadas: 42°45′19″N 8°06′17″O / 42.755414, -8.104686 |
Área | 3,2 km² |
Poboación | 63 hab. (2013) |
Densidade | 19,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Palio é unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (30 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ao ano 2004 cando tiña 79 habitantes.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é palouco/a[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Santa Baia de Palio foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xiao de Rodís. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Palio como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[3][4]
Estaba formada polos lugares de Palio de Abaixo e Palio de Arriba.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa Baia de Palio é protorrománica. Presenta o aspecto dos primitivos templos visigóticos rurais, pero con elementos do incipiente románico: nave reducida, ábsida rectangular e dúas portas (a principal con tímpano oval e a lateral rectangular).
A casa-torre de Palio, fundada no século XVII polo capitán Diego Arias de Somoza, conserva un torreón de dúas plantas, as gárgolas dunha desaparecida cheminea e un pequeno escudo coas armas dos Deza, Varela e Arias.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Muro da igrexa de Santa Baia de Palio.
-
Igrexa de Santa Baia de Palio.
-
Porta da igrexa.
-
Interior da igrexa.
-
Interior da igrexa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 20. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Ramos, Rocío (24 de xaneiro de 2016). "Lalín inicia el día 10 el proceso de elección de alcaldes de barrio". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Cajaraville, Héctor (2018). "Cal é o concello galego con maior número de parroquias rurais?" (PDF). cajaraville.eu. pp. 9–12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Palio na web do concello de LalínArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.