Palio, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palio
Igrexa de Santa Baia de Palio.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′19″N 8°06′17″O / 42.755414, -8.104686Coordenadas: 42°45′19″N 8°06′17″O / 42.755414, -8.104686
Área3,2 km²
Poboación63 hab. (2013)
Densidade19,69 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Palio é unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (30 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ao ano 2004 cando tiña 79 habitantes.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é palouco/a[2].

Historia[editar | editar a fonte]

Santa Baia de Palio foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xiao de Rodís. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Palio como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[3][4]

Estaba formada polos lugares de Palio de Abaixo e Palio de Arriba.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa Baia de Palio é protorrománica. Presenta o aspecto dos primitivos templos visigóticos rurais, pero con elementos do incipiente románico: nave reducida, ábsida rectangular e dúas portas (a principal con tímpano oval e a lateral rectangular).

A casa-torre de Palio, fundada no século XVII polo capitán Diego Arias de Somoza, conserva un torreón de dúas plantas, as gárgolas dunha desaparecida cheminea e un pequeno escudo coas armas dos Deza, Varela e Arias.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]