Paleodictiopteroideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paleodictiopteroideos
Palaeodictyopteroidea

Rango fósil: Carbonífero - Pérmico

Dunbaria fasciipennis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Superorde: † Palaeodictyopteroidea
Rohdendorf, 1961
Ordes

A dos paleodictiopteroideos (Palaeodictyopteroidea ou Paleodictyopterida) é unha superorde extinta de insectos do paleozoico.

Algúns autores chámana dictioneurideos (Dictyoneuridea).[1]

Características[editar | editar a fonte]

Caracterizábanse polas súas mandíbulas en forma de bico, con pezas bucais únicas compostas por 5 estiletes. Representan os primeiros herbívoros terrestres importantes e o primeiro grupo importante de insectos herbívoros. Apareceron durante o Carbonífero Medio e continuaron até o Pérmico Tardío.

Este grupo, grande e diverso, inclúe o 50 % de todos os insectos paleozoicos coñecidos. As ninfas dos paleodictiopteroideos posuían almofadas móbiles, e parece que estes insectos eran capaces de realizaren voos sinxelos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sinitshenkova, N. D.: Superoprder Dictyoneuridea Handlirsch, 1906 (= Palaeodictyopteroidea) en palaeoentomolog.ru (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grimaldi, David & Engel, Michael S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Rasnitsyn, A. P. & Quicke, D. L. J. (2002): History of Insects. Kluwer Academic Publishers ISBN 978-1-4020-0026-3.
  • Haug, Joachim T.; Haug, Carolin; Garwood, Russell J. (2014). "Evolution of Insect Wings and Development - New Details from Palaeozoic Nymphs". Biological Reviews 91 (1): 53–69. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]