Saltar ao contido

Palacio de Holyrood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Holyrood
Cidade de Edimburgo e Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Nome orixinal
Holyrood Palace (en) Editar o valor en Wikidata
 Uso
 Instalacións
Implicados
 Propietario/a
Dimensións
Altitude117 pés Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Coordenadas
Recoñecemento
Edificio categoría A
Data14 de decembro de 1970
Códigos e identificadores
Código postalEH8 8DX Editar o valor en Wikidata
VIAF146264108 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122255424 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ksw7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons
Vista do palacio e dos xardíns dende o Parque de Holyrood.

O Palacio de Holyroodhouse, máis frecuentemente coñecido como Palacio de Holyrood, é un palacio situado en Edimburgo (Escocia).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Holyrood é unha anglicización do termo escocés Haly Ruid, que significa Santa Cruz.

O palacio atópase na zona de Holyrood, no extremo da Milla Real, a rúa principal da zona vella da cidade, chamada precisamente así porque une no seu extremo oeste o castelo de Edimburgo co palacio de Holyrood, no extremo leste.

O conxunto foi fundado inicialmente como un mosteiro por David I de Escocia, en 1128. Serviu como principal residencia dos reis e das raíñas da Escocia desde o século XV. Dende a unión das coroas británicas, o palacio é usado polos monarcas británicos como a súa residencia oficial cando están en Escocia. Na actualidade a raíña raíña Sabela II, adoita usar o palacio no inicio de cada verán.

Unha das lendas referidas sobre o palacio conta que unha vez un soldado foi destinado a explorar se había túneis que comunicasen este edificio co castelo, situado a unha milla de distancia e montaña arriba. Como o soldado se perdeu e nunca máis volveu, disque se escoita a canción que cantaba de cando en cando, entre as paredes dos castelo.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]