Paixón segundo San Xoán
A Paixón segundo San Xoán, BWV 245 (título orixinal en latín: Passio secundum Johannem; en alemán: Johannespassion) é unha paixón oratórica escrita para voces solistas, coro e orquestra por Johann Sebastian Bach.[1][2]
Historia[editar | editar a fonte]
Composición[editar | editar a fonte]
Foi escrita nas datas previas ao Venres Santo de 1724 e está baseada nos capítulos 18 e 19 do Evanxeo de Xoán. Os textos da apertura, das arias, dos recitativos e das corais tomáronse de diferentes fontes; entre outras, da Paixón segundo San Mateu, BWV 244 e da tradución que Martiño Lutero fixera da Biblia.[3]
A Paixón segundo San Xoán é, quizais, menos familiar que a Paixón segundo San Mateu (esta, de maior duración, permitiu que o público redescubrira a J. S. Bach grazas á interpretación que Felix Mendelssohn fixo desta obra en 1829). Comparando ambas as obras, a Paixón segundo San Xoán foi descrita como "máis extravagante, cunha inmediatez expresiva ás veces desenfreada e menos rematada".[4]
Primeira interpretación[editar | editar a fonte]
Orixinalmente, a Paixón segundo San Xoán ía ser interpretada por vez primeira na igrexa de Santo Tomé en Leipzig, mais, finalmente, a estrea tivo lugar na igrexa de San Nicolao en 1724. Foi cambiada en numerosas ocasións ata a versión definitiva de 1740. As partes que Bach eliminou agregáronse posteriormente como apéndices.
Versións[editar | editar a fonte]
A diferenza da Paixón segundo San Mateu, a obra sufriu diferentes modificacións, sendo a máis coñecida a de 1724.[3][5]
En 1725, Bach mudou a apertura orixinal Herr, unser Herrscher, dessen Ruhm (Señor, señor! A túa gloria reina en todos os pobos!) por Ou Mensch bewein dein Sünde groß (Oh, home, chora o teu gran pecado), que posteriormente pasou a ser final de capítulo na Paixón segundo San Mateu.
Ademais, o final da primeira parte cambiouse polo Christe, Du Lamm Gottes (Agnus Dei) da cantata BWV 23, engadindo ademais tres arias.
En 1730, modificouse de novo a obra, suprimindo os cambios que se introduciran en 1725 e agregando dous recitativos do Evanxeo de Mateu.
En 1749, Bach cambiou algúns diálogos regresando á versión de 1740, quedando esta última versión como definitiva.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "BWV245". Consultado o 2023-08-09.
- ↑ "Johannes-Passion BWV 245". Consultado o 2023-08-09.
- ↑ 3,0 3,1 Wolff, Christoph (2008). Johann Sebastian Bach El Musico Sabio. Robinbook. pp. 314–316. ISBN 978-84-96924-40-6.
- ↑ Steinberg, Michael (2005). Choral Masterworks: A Listener's Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-983945-2.
- ↑ Butt, John (2000). Vida de Bach. Akal. ISBN 978-84-8323-121-0.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paixón segundo San Xoán |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Butt, John (2010). Bach's Dialogue with Modernity: Perspectives on the Passions. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-88356-6.
- Dürr, Alfred (2000). Johann Sebastian Bach's St John Passion. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-158871-6.
- Marissen, Michael (1998). Lutheranism, Anti-Judaism, and Bach's St. John Passion. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-534434-9.
- Melamed, Daniel R. (2005). Hearing Bach's Passions. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-534703-6.
- Rathey, Markus (2007). "Johann Sebastian Bach’s St. John Passion from 1725: A Liturgical Interpretation" (PDF).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Paixón segundo San Xoán» en Kareol, texto da obra en alemán e castelán.
- «Paixón segundo San Xoán»: emisión do 29-03-2013 de Música antigua, programa de Radio Clásica.
- «Paixón segundo San Xoán»: emisión do 19-04-2019 de Música y significado, programa de análise musical de Radio Clásica.