Pablo Cachón
Pablo Cachón | |
---|---|
Nacemento | 1935 |
Lugar de nacemento | Malpica de Bergantiños |
Falecemento | 7 de agosto de 2016 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pablo Manuel Cachón Villar, nado en Malpica en 1935 e finado en Valladolid o 7 de agosto de 2016,[1] foi un xuíz galego, que chegou a ser membro do Tribunal Constitucional de España
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos cinco anos a súa familia trasladouse a vivir á Coruña. Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na carreira xudicial en 1967. Foi xuíz de primeira instancia en varias localidades como Mataró, Plasencia, Pamplona e Valladolid, e logo xuíz (1989) do Tribunal Supremo onde foi o titular da sala Cuarta, do social. En 1998 foi designado maxistrado do Tribunal Constitucional, onde permaneceu ata a súa xubilación en 2004.
Membro da asociación xudicial Francisco de Vitoria, de carácter centrista, foi proposto na terna do Partido Popular para o Tribunal Constitucional. Foi ademais profesor na Universidade de Valladolid.
Obras[editar | editar a fonte]
- Diccionario Procesal Social.
- Reforma y crisis del proceso social, 1994-1996: Los problemas de aplicación de las últimas reformas procesales".
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Madrigalegos de ouro ao mérito xurídico, pola Enxebre Orde da Vieira.