Pêr Denez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pêr Denez
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Nacemento3 de febreiro de 1921
LugarRennes, Bretaña Bretaña
Falecemento30 de xullo de 2011 (90 anos)
LugarRomillé, Bretaña Bretaña
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversity of Rennes e Lycée Saint-Martin (Rennes)
Ocupaciónescritor, lingüista e esperantista
CónxuxeFrañseza Kervendal
FillosGwendal Denis
XénerosNarrativa, ensaio e poesía
PremiosCreu de Sant Jordi, Order of the Ermine, doutor honoris causa, doutor honoris causa, sen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Pêr Denez (en francés: Pierre Denis), nado en Rennes o 3 de febreiro de 1921, e finado en Romillé o 30 de xullo de 2011, foi un escritor bretón.[1] Grazas ás súas contribucións no xénero das novelas, ós ensaios e obras sobre lingüística, contribuíu a preservar e potenciar a lingua bretoa escrita.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Treballou como mestre de inglés en Douarnenez e foi profesor de bretón na Universidade de Alta Bretaña Rennes-2. En 1981, grazas ás súas peticións, creouse a licenciatura de lingua bretoa por decisión persoal do daquela presidente da República Francesa, François Mitterrand.

Foi presidente do Consello científico e de animación do Instituto Cultural da Bretaña dende 1984 e tamén presidente da federación de asociacións da lingua bretoa, Kuzul ar Brezhoneg. Ademais exerceu como Presidente do Comité de apoio a Unión Democrática Bretoa nas eleccións rexionais de 1998. En marzo de 1999 provocou unha forte polémica cando o xornal Armor Magazine lle preguntou polo nome dos personaxes máis significativos da Bretaña dos trinta últimos anos, e deu os nomes de Jean-Michel Kernaleguen e Christian Le Bihan, militantes da Fronte de Liberación da Bretaña.

Fundou as revistas bretoas Kened, Ar Vro (1959) e Hor Yezh, das que foi director, así como a editorial Mouladurioù Hor Yezh. En 1989 recibiu a Orde do Armiño, e en 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya.

Obra[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Glas evel daoulagad c'hlas na oant ket ma re, Al Liamm 1979
  • Hiroc'h eo an amzer eget ar vuhez, Mouladurioù Hor Yezh, 1981
  • Evit an eil gwech, MHY, 1982
  • Eus un amzer 'zo bet, MHY, 1992
  • En tu all d'an douar ha d'an neñv, MHY, 1993
  • Kenavo ar c'hentañ er joaioù, MHY, 1994
  • An amzer a ra e dro 1995
  • Da Rouz An Noz, MHY, 1996

Poemas[editar | editar a fonte]

  • P'emañ ar mor o regel..., Skrid, 1001

Lingüística e metoldoloxía[editar | editar a fonte]

  • Kentelioù brezhoneg : eil derez, Al Liamm, 1971
  • Brezhoneg buan hag aes, Omnivox, 1972
  • Étude structurale d'un parler breton : Douarnenez, thèse (3 vol.), Université de Rennes, 1977
  • Geriadur brezhoneg Douarnenez, 4 vol., Mouladurioù Hor Yezh, 1980, 1981, 1985
  • Mont war-raok gant ar brezhoneg, MHY, 1987

Artigos e ensaios[editar | editar a fonte]

En francés
  • Joseph Ollivier, Les contes de Luzel (Préface de Per Denez, suivie d'une Postface sur “Contes Bretons” Pur-Terre de Brume, 1994), Hor Yezh, 1995 ISBN 2-910699-11-0
  • Bretagne et peuples d'Europe, MHY, 1999.
En bretón
  • Yezh ha bro, MHY, 1998.
  • Korf an den Brest, Skridoù Breizh, 1943.

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pierre Denis alias Pêr Denez n’est plus, ouest-france.fr, le 30 juillet 2011,
  2. Ouest France Dimanche, 31 juillet 2011, nécrologie de Pêr Denez, p. 4.