Péter Fülöp Kocsis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Péter Fülöp Kocsis
Kocsis Fülöp püspök.JPG
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Húngara
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1963 en Szeged
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de agosto de 1989
Consagración episcopal30 de xuño de 2008
Metropolita de Hajdúdorog
2008 - actualidade
PredecesorSzilárd Keresztes
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Péter Fülöp Kocsis, nado o 13 de xaneiro de 1963 en Szeged (Hungría), é un eclesiástico grecocatólico húngaro, metropolita de Hajdúdorog dende 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 2 de agosto de 1989. O 2 de maio de 2008 foi nomeado bispo de Hajdúdorog e administrador apostólico de Miskolc.

Recibiu a consagración episcopal o 20 de xuño, de mans do seu predecesor Szilárd Keresztes, e tendo como principais co-consagradores ao metropolita de Prešov Ján Babjak e ao administrador apostólico de Mukacheve Milan Šašik.

Cando o 20 de marzo de 2015 o papa Francisco elevou á Igrexa Católica Bizantina Húngara ao rango de igrexa metropolitana, Kocsis foi nomeado primeiro metropolita de Hajdúdorog. O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0513). 27 de xuño de 2015. Il Santo Padre Francesco ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Fűlőp Kocsis [...] 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Szilárd Keresztes
 Administrador apostólico de Miskolc 
2008 - 2011
Sucesor:
Atanáz Orosz
(exarca apostólico)
Predecesor:
Szilárd Keresztes
 Bispo de Hajdúdorog 
2008 - 2015
Sucesor:
(elevación da sé)
Predecesor:
(elevación da sé)
 Metropolita de Hajdúdorog 
2015 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)