Arquieparquía católica húngara de Hajdúdorog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArquieparquía católica húngara de Hajdúdorog
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°57′19″N 21°42′45″L / 47.955416, 21.712403Coordenadas: 47°57′19″N 21°42′45″L / 47.955416, 21.712403
CapitalDebrecen Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.539.000 (1969) Editar o valor em Wikidata (61,89 hab./km²)
Lingua usadalingua húngara Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Católica Bizantina Húngara Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie73.341 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1912 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónEstevo Mártir Editar o valor em Wikidata
CatedralCathedral of Hajdúdorog (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webhd.gorogkatolikus.hu Editar o valor em Wikidata
Consagración do primeiro bispo István Miklósy, que bendice aos fieis coa cruz.

A arquieparquía de Hajdúdorog (en latín: Archieparchia Haidudoroghensis; en húngaro: Hajdúdorogi főegyházmegye) é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina húngara. En 2016 contaba con arredor de 110.000 fieis bautizados. O seu arcebispo dende 2008 é Fülöp Kocsis.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquieparquía comprende a maior parte do territorio de Hungría, agás os condados de Szabolcs-Szatmár-Bereg, Heves, Nógrád, Borsod-Abaúj-Zemplén, e agás unha pequena parte do de Hajdú-Bihar. A arquieparquía limita ao sueste coa eparquía de Križevci, ao leste coa de Bratislava, ao norte coas de Miskolc e Nyíregyháza, e ao sur coas de Oradea Mare, Lugoj e San Nicolao de Ruski Krstur.

A sé arcebispal está na cidade de Hajdúdorog, onde está a catedral da Nai de Deus. O territorio está organizado en 42 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A eparquía de Hajdúdorog foi erixida o 8 de xuño de 1912 coa bula Christifideles graeci do papa Pío X, en territorios das eparquías de Prešov, Mukachevo, Gherla, Oradea Mare, da Făgăraș e Alba Iulia, e da arquidiocese de Esztergom. Orixinalmente era sufragánea da arquidiocese de Esztergom dos latinos.

A creación desta nova eparquía tivo orixe na vontade dos greco-católicos de lingua húngara de contar cunha circunscrición eclesiástica propia; malia isto, non faltaron queixas dos bispos romaneses, que consideraban a todos os fieis das súas dioceses como persoas de etnia romanesa que por mor da maxiarización abandonaran a súa lingua. A eparquía de Oradea Mare, en particular, considerou excesivo o número de parroquias que pasaron á nova diocese.[1] Inicialmente fora proposta como sé da nova eparquía a cidade de Debrecen, mais o concello de Hajdúdorog ofreceu un amplo terreo para a construción do bispado. Os gastos para a constitución da eparquía foron apoiados polo goberno austrohúngaro e, en recoñecemento da súa contribución, o papa concedeu ao emperador o dereito de presentación do bispo. Na mesma bula coa que se erixiu a eparquía se prohibía expresamente o emprego da lingua húngara como lingua litúrxica, e se establecía o uso do grego antigo. Ademais, por mor de que a nova eparquía tiña un territorio moi amplo, dende Budapest aos Cárpatos, estaba previsto que o bispo gobernara as parroquias máis afastadas a través dun vigairo.

Como consecuencia das tensións étnicas xurdidas pola creación da nova eparquía, o 23 de febreiro de 1914 tivo lugar un atentado contra a residencia provisional do bispo István Miklósy en Debrecen. O estoupido dun paquete bomba matou a tres asistentes episcoais, entre eles ao vigairo xeral Mihály Jaczkovics; o propio bispo Miklósy escapou do atentado porque fora a chamar por teléfono noutra habitación. O atentado foi atribuído ao anarco-comunista Ilie Cătărău, un colaborador dos servizos segredos rusos e romaneses.[2]

O 9 de abril de 1934 co decreto Apostolica sedes da Congregación para as Igrexas Orientais a eparquía cedeu 67 parroquias que, debido ao Tratado de Trianon, pasaron a estar en territorio do Reino de Romanía.

O 5 de marzo de 2011 co decreto Ut aptius spirituali da Congregación para as Igrexas Orientais a eparquía cedeu 29 parroquias ao novo exarcado apostólico de Miskolc.[3]

O 20 de marzo de 2015 foi elevada ao rango de sé metropolitana coa bula De spiritali itinere do papa Francisco, e lle foron asignadas como sufragáneas as eparquías de Miskolc e de Nyíregyháza.[4] Posteriormente a curia arquieparquial foi transferida á cidade de Debrecen.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Bispos de Hajdúdorog
Arcebispos de Hajdúdorog

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dumitriu-Snagov, I. (1989). Le Saint Siege et la Roumanie moderne (1866-1914). p. 854. ISBN 9788876525971. Nella prima parte della sua dichiarazione il Vescovo dice, che non può a nissun fatto accettare il cospetto che contiene la dismembrazione di 52 parrochie e 141 filiale [...] 
  2. Păcurariu, Mircea (1986). Politica statului ungar faţă de biserica românească din Transilvania în perioada dualismului (1867 - 1918) (en romanés). Editura Institutului Biblic și de Misiune al Bisericii Ortodoxe Române. p. 120. 
  3. Congregatio pro Ecclesiis Orientalibus (5 de marzo de 2011). "Decretum Ut aptius spirituali". Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Roma: Libreria Editrice Vaticana) CIII (4): 306. Ut aptius spirituali bono [...] Archidecanati Zemplén undetriginta paroecias una cum suis bonis Exarchiae Miskolcensis territorio uniri decrevit [...] 
  4. "Constitutio Apostolica De spiritali itinere". La Santa Sede (vatican.va) (en latín). 19 de marzo de 2015. Consultado o 31/03/2019. [...] Eparchiam Haidudoroghensem ad gradum Ecclesiae Metropolitanae Haidudoroghensis ritus Byzantini appellandae evehimus, cum sede principe in urbe Debrecensi, propriis cum iuribus et obligationibus. Eius suffraganeae deinceps erunt Eparchiae Nyiregyhazana et Miskolcensis hoc ipso die constitutae [...] 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]