Owase (尾鷲市, おわせし, Owase-shi) é un concello da prefectura de Mie no Xapón. Está situado no centro-leste da prefectura, na parte sur da península de Shima, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 193,16km², a poboación é de 20.628 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 107 h/km².