Ouzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ouzo.

O ouzo (en grego: ούζο) é un licor de orixe grega con forte sabor doce e olor a regalicia. Feito a base de uvas maduradas e anís, usado comunmente en festas de vodas, reunións familiares, etc co meze. A súa graduación está entre 37 º e 50 º. É transparente e incoloro.

Características[editar | editar a fonte]

Para que a bebida espirituosa anisada teña a denominación de ouzo deberá:

  • ser producida exclusivamente en Grecia ou Chipre,
  • obterse por mestura de alcois aromatizados por destilación ou maceración con sementes de anís e eventualmente de fiúncho, da resina procedente dun lentisco indíxena da illa de Quíos (Pistacia lentiscus Chia ou latifolia) e de outras sementes, plantas ou froitas aromáticas; o alcol aromatizado por destilación deberá representar polo menos o 20 % do grao alcohólico do ouzo.

Dito destilado deberá:

  • ser obtido por destilación en alambiques tradicionais descontinuos de cobre cunha capacidade igual ou inferior a 1000 litros,
  • ter un grao alcohólico que non sexa inferior a 55 % vol. nin superior a 80 % vol.

O ouzo deberá ser incoloro, cun contido en azucre igual ou inferior a 50 g por litro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]