Ourizo da castaña
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ourizo é a envoltura espiñenta que recobre o froito do castiñeiro.
Características[editar | editar a fonte]
Este froito, típico do outono é o centro de atención das festas do Magosto, que se celebran entre os meses de outubro e novembro, xusto cando os ourizos, normalmente maduros e de cor amarela, caen dos castiñeiros formando auténticas alfombras no chan dos soutos. Ata non hai moitos anos, a xente conservábaos no mesmo souto onde se recollían, nunha construción de pedra chamada ouriceira (ou uriceira).