Saltar ao contido

Calibio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froito do castiñeiro, con dúas castañas no seu calibio ou cúpula.

En botánica, un calibio é unha formación de natureza axial que rodea e protexe, máis ou menos totalmente, os froitos ou as infrutescencias dos representantes da familia das fagáceas, como as landras ou belotas das especie do Xénero Quercus, as castañas do xénero Castanea e os das do xénero Faia. Chámase tamén cúpula .[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo é unha adaptación do latín científico calybium, derivado do grego antigo χαλύβιον kalýbion, diminutivo de χαλύβη kalýbē, "cabana", "choupana", aludindo á súa función protectora.[1]

  1. 1,0 1,1 Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]